Cine ao aire libre e "palomitas" para o verán das parroquias de Camariñas

11:23 24/06/22
A partir do venres 8 de xullo, as parroquias de Camariñas vivirán fermosan noites de cine ao aire libre.
Todas as sesións comezarán a partir das 22 horas e está previsto que as pantallas se instalen no exterior en diferentes lugares pero, se chove, trasladaranse a espazos cubertos. Todos os asistentes recibirán flocos de millo gratuítos.
O calendario de proxeccións é o seguinte:
- ‘A casa da luz’: venres 8 de xullo. Paseo fluvial (se chove no Centro Cultural). Ponte do Porto.
- ‘Nocturna, unha aventura máxica’: venres 22 de xullo. Praza da Igrexa (se chove no Centro Cultural). Xaviña.
- ‘Maimiño e o espello máxico’: sábado 23 de xullo. Santa Mariña.
- ‘Los Croods 2: una nueva era’: venres 29 de xullo. Praza da Igrexa (se chove na Casa do Alemán). Camelle.
- ‘Padre no hay más que uno 2’: venres 5 de agosto. Praza do Mercado (se chove na Casa de Pedra). Camariñas.
- ‘Onward’: venres 19 de agosto. Praza da Igrexa (se chove na Casa de Pedra). Camariñas.
- ‘Trolls 2: gira mundial’. Venres 26 de agosto. Praza da Praia (se chove no centro da Estivada). Arou.