Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Club Náutico de Camariñas poderá acometer grandes melloras

O Club Náutico de Camariñas poderá acometer grandes melloras

O Club Náutico de Camariñas vén de conseguir unha serie de fondos Europeos “Next Generation” dedicados aos Clubs Náuticos, que chegan
despois do convenio firmado estas semanas entre Turismo e ASNAUGA.

O Club poderá  acometer renovacións importantes en distintas zonas e infraestructuras do Club Náutico que significará un gran cambio e que será
visible para antes da tempada de verán.
As accións en liñas xerais a levar a cabo serán a renovación do pavimento do pantalán Norte, así como a parte que falta no pantalán sur e a madeira de todos os fingers. Tamén a renovación total da electrificación do Pantalán Sur e cambio das torretas (Led) e que implicar también renovación de electrificación nos outros pantaláns. Ademáis, a mellora e renovación dos servicios dedicados para as tripulacións das embarcacións de tránsito.

Nas vindeiras semanas iranse concretando o resto de melloras, posto que nestos momentos se está co inicio da presentación de documentación necesaria para levar a cabo estas accións.

Esta inversión dos Fondos Europeos e dirixida por Asnauga coa participación de Turismo da Xunta, xunto coa realizada por Portos de Galicia fai uns meses de gran relevancia na mellora da sustentación da estructura dos 3 pantaláns así como a incorporación de novo pavimento para unha gran parte do Pantalán Sur, marcará un antes e un despois no Club Náutico de Camariñas dende a súa creación ala polo 1991 e sendo en setembro de 1992 cando tivo lugar a inauguración das instalacións.

Tamén indicar que de inmediato se vai a proceder a regularización de todas as embarcacións atracadas nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas, e onde se solicitará de novo documentación e solicitude feita a Portos para pedir praza de amarre a todas aquelas que aínda non o fixeran.

Comentarios