Venres. 26.04.2024
El tiempo

Comeza a construción dunha senda peonil na pista de Lingunde

SendaLingunde
Comeza a construción dunha senda peonil na pista de Lingunde
O Concello de Camariñas levou a cabo a acta de replanteo previa ao inicio dos traballos para a construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade nun tramo da pista de Lingunde que dá servizo aos veciños e veciñas da zona habitualmente e que no verán é moi utilizada ao estar ao carón da praia.

O proxecto, ao que se destinan 71.662,79 euros, está financiado a través do Plan Único 2022 da Deputación da Coruña e contempla a execución dunha senda peonil na marxe esquerda da mencionada vía.
Ademais, os traballos inclúen a pavimentación do tramo da calzada destinada á circulación de vehículos, a instalación da canalización para a recollida e evacuación das augas pluviais e o pintado de tres pasos de peóns.

Comentarios