domingo. 10.11.2024
El tiempo

Convocadas as bases do XXX concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2023
Convocadas as bases do XXX concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe

O Concello de Camariñas ven de facer públicas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do XXX certame de Noveis Deseñadores para a XXXIII Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará entre os días 27 e 31 de marzo do ano 2024.

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda, concedéndose mediante a valoración do xurado oficial tres premios ás mellores coleccións. Nesta edición repite de novo a categoría da colección máis comercial.

O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, e tanto o terceiro como o premio á colección máis comercial terán unha dotación económica de 600 euros cada un.

Prazos

O prazo para presentar os traballos comezou onte luns, 4 de setembro, e remata o 1 de decembro do 2023. Os catro deseños que compoñan a colección teñen que ter aplicado encaixe de Camariñas e non serán aceptados os que presente outro encaixe diferente.

Poden concorrer á convocatoria todos os noveis deseñadores con independencia da súa nacionalidade ou país de residencia, sempre que sexan alumnas e alumnos que estean cursando estudios nos centros que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non os seus estudos rematados; e todas aquelas persoas vencelladas o mundo do deseño que, aínda sendo profesional no campo da moda, por manter unha relación contractual ou autónoma con algunha empresa do sector, non formen parte do equipo de deseño da mesma.

A participación poderá facerse individualmente ou en grupo, neste último caso sendo o máximo de integrantes tres persoas. Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños. O tema e a modalidade é libre tanto para moda masculina como feminina. Quedan excluídos os deseños de moda infantil.

Para a presentación da documentación, poderá facerse na Casa do Concello de Camariñas, praza de Insuela número 57, en horas de oficina, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e por correo postal certificado.

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, agarda “que esta nova edición do concurso de Noveis Deseñadores, do que festexamos a triséxima edición, sirva para continuar co espírito de vangarda ó que nos teñen acostumadas e acostumados os concursantes destas pasadas edicións”.

OUTRAS NOVAS DO ENCAIXE

Comentarios