Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Gastronomía, música, solidariedade, deporte e Camiño na outra Mostra do Encaixe

Serpent1 copia
Brindando coa cervexa artesá Serpent
Gastronomía, música, solidariedade, deporte e Camiño na outra Mostra do Encaixe

Moito máis que desfiles, artesanía e moda é a Mostra do Encaixe de Camariñas. A XXI edición deixou unha manchea de actividades paralelas que convirten a vila nun dos epicentros máis importantes da Semana Santa da Costa da Morte e de toda a provincia.

Así deron conta os concertos de Xabier Díaz, Irma Macías ou El Combo Dominicano na noite dominical, ademais da música tradicional que amenizou toda a fin de semana.

Vía Céltica

Presentación Vía Céltica 3 copia
Joam Evans na presentac

Unha das presentacións diferentes desta mostra foi a do libro ‘Vía Céltica. Os camiños de Santiago por Santa Comba’, que inclúe a Camariñas como un dos puntos de paso deste itinerario de peregrinación. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, acompañou ao presidente da Asociación Costavales, editora da publicación, Manuel Amigo; e o coautor do libro, Joám Evans Pim.

A rexedora destacou que “temos argumentos que nos din que pode formar parte do Camiño de Santiago e vamos a ir con todo porque isto pode ser un filón e un revulsivo para Camariñas e para o sector da hostalería e do comercio”. Amigo resaltou que a Vía conseguiu a Compostela nun ano (outros tardaron 15) e Evans detallou os próximos pasos que acometerán: delimitación precisa dos trazados, levantamento documental sistemático, rexistro audiovisual de tradición oral, catalogación de bens culturais asociados aos camiños, sinalización sobre o terreo e elaboración de guías e itinerarios.

Ataxia

Ataxia 2 copia

A Mostra tamén conta cunha vertente solidaria. A organización decidiu este ano colaborar coa Asociación STOF FA, unha entidade que algutina a persoas afectadas pola ataxia a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade.
Esta iniciativa nace a partir da petición que María Jesús González Souto, nai dun rapaz con ataxia e integrante de STOP FA, foixo á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, para articular algunha vía para recadar fondos para a asociación.
Para recadar fondos, no pavillón da Mostra hai un stand no que se poderán comprar diferentes prendas, produtos, rifas ou facer donativos dirixidos a STOP FA. Ademais, o Concello aportou un chal de encaixe, que se vende neste posto solidario.

Serpent, a cervexa artesá da Ponte do Porto

Serpent3 copia
César de León e Sandra insua

Xa falamos da cervexa Serpent e de César de León. O de Dor, na Ponte do Porto, organizaba unha presentación ben singular da súa cervexa artesá, que leva o nome do famoso buque inglés que varou na Punta do Boi e que provocou a construción do Cemiterio dos Ingleses. “Para ter de todo en Camariñas só nos faltaba unha cervexa propia, e xa a temos”, destacou o fundador.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explicou que "o espírito desta Mostra é o mesmo que levo aplicando, eu e o meu equipo de goberno, para todas as políticas que levamos a cabo no Concello: o de apostar polo talento que temos en Camariñas porque aquí hai moito talento que só necesita un pequeno impulso para poder sacar todo o seu potencial".
De César de León, destacou que tivo que "emigrar a Suíza e volveu coas ideas moi claras. Quería montar unha fábrica de cervexa artesanal e que estivese en Camariñas. Xa leva medio camiño andando, agora agardamos que pronto poida trasladar a súa nave ao noso municipio”.

Deporte

Presentación Equipación 2 copia
Damián Espasandín, o presentador Saulo Fdez., Paula Esteiro e Fabián Canosa

Unha das presentacións singulares foi o da nova equipación de Paula Esteiro e Damián Espasandín, patrocinada pola Mostra do Encaixe e o Concello de Camariñas. A camariñá e o vimiancés contan cunha ampla traxectoria e palmarés nas probas OCR de Carreiras de Obstáculos.

Tamén houbo, como non, cita co balonmán, e o Trofeo Mostra do Encaixe. No pavillón polideportivo de A Ponte do Porto enfrontábanse o sábado as xogadoras cadetes dos clubs Balonmán Xallas e Balonmán Camariñas. O encontro desenvolveuse nun ambiente festivo e rematou co triunfo do equipo visitante.
Ao remate do acto o concelleiro de deportes, Fabián Canosa, entregou a todas as xogadoras participantes unha camiseta da Mostra desta convocatoria 2022.

bm camarinas na Mostra encaixe copia
Foto de familia do Trofeo de balonmán

E fútbol

Juan Cabrejo 2 copia
Desfile das Escolas

A xornada dominical iniciouse cunha acción moi especial: a presentación das equipacións da Escola de Fútbol municipal 'Juan Cabrejo'. Os nenos e nenas das diferentes categorías da escola, acompañados polos seus adestradores, desfilaron na pasarela da Mostra para ensinar ás súas familias e ao resto do público presente na pasarela o ben que locen as súas novas equipacións.
O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, fixo un agradecemento aos clubes "Camariñas, Porteño e Camelle. Eles foron o que deron o paso decisivo para crear esta unión, que é unha unión de pobo". "A ilusión que estamos a vivir hoxe aquí é a que transmitides cada fin de semana no campo de fútbol", afirmou.

Juan Cabrejo 4 copia
Foto de familia das equpacións das Escolas Juan Cabrejo

Novas relacionadas

Comentarios