Venres. 26.04.2024
El tiempo

As mil caras da Mostra

Novos desenadores desfile Mostra Encaixe
Máis desfiles que nunca nesta edición da Mostra
As mil caras da Mostra

Satisfacción máxima no seo do Concello de Camariñas tras unhas Semana Santa de vertixe. Máis de 22.000 persoas (a mellor cifra dende 2015, que se rexistraron un milleiro máis) pasaron polo pavillón Víctor Vigo, convertido na pasarela de moda máis famosa de Galicia. A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña foi todo un éxito, demostrando que este evento é moito máis que artesanía e moda, os alicerces principais e máis importantes.

Xoves e venres foron días de milleiros de visitantes (o venres contáronse 8.351 asistentes) moitos galegos, pero tamén de Asturias, Madrid e mesmo das delegacións encaixeiras internacionais invitadas ao evento, como nos debulla a Concelleira do Encaixe Encarna Liñeiro.

Unha concelleira que non esquece que o primordial son as palilleiras, e nese sentido apuntou que “as vendas foron moi boas”.

Encontro novos e grandes desenadores 1
Encontro entre novos e grandes deseñadores

Son os desfiles os que convirten a Mostra nun evento de entidade nacional e internacional, facendo da artesanía centenaria unha aplicación inigualables na moda máis vangardista. E ai está a presencia de Grandes Deseñadores que xa case sitúan a pasarela de Camariñas a altura da Cibeles, ou os Deseñadores Noveis, que esperan cada ano o certame da Mostra como gran escaparate para dar o salto. Os encontros entre ambos colectivos son un dos puntos máis agradecidos polos profesionais do mundo da moda.

Xose Tourinan na Mostra do Encaixce
Touri na pasarela

Foron varios os nomes propios protagonistas desta Mostra das mil caras, xa que ademais de artesanía e moda, houbo humor, música, literatura… con eventos como o monólogo de Xosé A. Touriñán sobre a pasarela ou os eventos conducidos polo corcu-camariñán Saulo Pose (“un rapaz marabilloso”, recoñece unha noramada Liñeiro) como momentos especiais.

 Presentación libro Ana de las Heras
Saulo Pose moderando a presentación do libro Ana de las Heras

Homenaxe ás palilleiras

Homenaxe palilleiras na Mostra do Encaixe 2023
Sandra Insua na homenaxe ás palilleiras 

Un dos grandres momentos foi a homenaxe ás palilleiras que “manteñen viva unha tradición que xera identidade”. Nunha ateigada sala de desfiles a alcaldesa Sandra Insua calificou ás artesás como “as verdadeiras artífices de elevar á máxima potencia unha labor artesá da que todas e todos debemos estar moi orgulloso”. “As palilleiras fan moito máis que manter aceso o lume dun oficio tradicional. Porque co encaixe, desenvolven un arte cun enorme valor na industria téxtil. A alta costura, a moda en xeral e a ornamentación nútrense, aínda na actualidade, dos produtos feitos coas expertas mans das nosas palilleiras”, afirmou.
Sandra Insua salientou que “hai poucos praceres na vida mellores que chegar a unha casa ou a unha obradoiro e escoitar o repenicar das palilleiras. Ese son é talento. Ese son é tradición. Ese son é calidade. Ese son é autenticidade. Ese son é encaixe. E ese son é ao que soa Camariñas: a muller, empoderada, forte e reivindicativa”.

No acto de homenaxe ás palilleiras tamén se descubriu un retrato da palilleira máis nova, Cloe, e a máis veterana, Maricarmen, pintado a man por Cayetano Lledó. Unha obra que simboliza o presente, o futuro e a historia do encaixe de Camariñas.

Homenaxe palilleiras na Mostra do Encaixe
Homenaxe ás palilleiras, presente e futuro

Voluntariado e as delegacións internacionais

Voluntarios Desfile ReEncaixando na Mostra
O Voluntariado desfilando coas delegacións internacionais

Os voluntarios e voluntarias da Mostra foron os encargados de desfilar coas coleccións das 10 delegacións presentes nesta edición: Bélxica (Brujas), Bulgaría (Sofía), Eslovaquia (Krakovani), Italia (Gubbio), Italia (Novedrate), Italia (Trapani), Suíza (Locarno), Polonia (Bobowa), Portugal (Peniche) e Portugal (Serra d’ El Rei).

Presentacións literarias

Ainhoa Conde NA MOSTRA
Insua con Ainhoa Conde 

A autora ceense Ainhoa Conde abría o xoves a programación literaria presentando sobre a pasarela o seu libro ‘Devotos de destino. Alén do Vilán’.
Ana de las Heras, autora madrileña afincada en Oleiros, presentou o seu libro ‘Travesías del sentir’.
E finalmente Alfonso de Sas debullou o libro ‘El Cementerio de Los Ingleses’, no que o autor ourensán amosa unha historia de ficción inspirado no naufraxio do HMS Serpent nas costas de Camariñas en 1890, motivo polo cal se construíu o mítico cemiterio do mesmo nome.

Ver a Galería de Fotos da Mostra

OUTRAS NOVAS DO ENCAIXE

Comentarios