Convocan unha concentración para apoiar unha familia que ten ameazada a súa vivenda en Arou por unha denuncia
07:48 04/10/23
A xente de Arou prepara unha concentración de apoio a unha familia de Arou afectada por unha denuncia dunha veciña, que derivou nunha sentenza de derrúbe coa que non están de acordo, e que afecta a unha casa que leva construída máis de 25 anos e na que viven dende aquela.
Ante a situación de desamparo na que se encontra esta familia con nenos menores de idade, un grupo de persoas, está organizando unha concentración para o domingo 8 de outubro, ás 17h na Casa cultural de Arou, no concello de Camariñas.
Afirman contar co apoio dos distintos grupos políticos, tanto do goberno como da oposición de Camariñas, e agardan encontrar sensibilidade e unha solución por parte das administracións competentes para que non se acometa o que consideran "unha inxustiza de consecuencias irreparables".