Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O PP critica a nova modificación de crédito do goberno camariñán

Casa do Concello de Camarinas
O PP critica a nova modificación de crédito do goberno camariñán

Aprobou este luns nun pleno extraordinario o goberno socialista de Camariñas un novo recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 97.383 euros.

A contía servirá para facerse carto de 75 facturas que contan cun reparo suspensivo de intervención no que se advirte textualmente que o goberno “omite aspectos sustanciais necesarios no expediente”, segundo denuncian dende o PP, cunha “ausencia de toda tramitación administrativa” e un “incorrecto emprego da modalidade do contrato menor”.

Unha proposición que contou co voto en contra do PP,  porque como explicou a portavoz Paula Mouzo “non podemos ser cómplices desta xestión cáotica e desordenada do PSOE de Camariñas e menos aínda despois de coñecer este informe de intervención que deixa claro que non se están facendo ben as cousas". "O goberno insiste en facer habitual o que debería ser extraordinario", sinalou Mouzo.

 

Comentarios