Venres. 29.03.2024
El tiempo

Demostración masiva de compromiso por Ferroatlántica

Demostración masiva de compromiso por Ferroatlántica
Manifestacion por Ferroatlantica Imaxe que dá conta do seguemento da marcha a pé entre a fábrica de Brens e a praza do Concello de Cee polos postos de traballo de Ferroatlántica-Foto-Rafa Quintáns Unhas 5.000 persoas, segundo os organizadores, demostraron que a sociedade da Costa da Morte está comprometida con esta batalla socio-laboral. Unha loita que vai moito máis alá de 300 postos de traballo, pois pon en perigo o potencial económico de toda unha comarca. Facía o Comité de Empresa de Ferroatlántica unha chamada á mobilización, despois dun día de folga sen sobresaltos, cun 93% de seguemento entre os traballadores, cos piquetes informativos de rigor e os aparcamentos baleiros. E a veciñanza respondeu, case que unindo a pé a fábrica de Brens coa praza do Concello de Cee. ”As nosas centrais non se venden” segue a ser o lema máis importante, dando conta do sentir de traballadores, veciños e políticos locais: se efectivamente Ferroglobe vende as centrais hidroeléctricas e a Xunta permite a segregación das actividades de produción enerxética coa de ferroaliaxes, será a morte lenta das únicas fábricas da costa da Morte. Volveron aparecer pancartas co lema Nunca Máis, facendo referencia a que non se pode repetir que “a nosa enerxía se use para exportar e os coste témosllos que pagar”. Moitos fixeron referencia a que os ríos son do pobo, e non dunha empresa. A manifestación contou con numerosas personalidades do eido político. Non faltaron representantes de todos os Concellos da zona, mesmo a voceira do PP ceense, apoiando a mobilización. Tamén houbo representación nacional dos 3 partidos da oposición, pois acodiron á cita a deputada do BNG, Ana Pontón; a do PSdG, Loli Toja; e o de En Marea, Pancho Casal. Casal lembrou a defensa dos postos de traballo. Toja defendeu que a cousa vai máis alá, vporque “dignidade da Costa da Morte non se vende”, calificou de “innegociable” a segregación e sinalou que “a loita forma parte do ADN da Costa da Morte”. Pola súa banda, Pontón lembrou que a Xunta ten a última palabra e instou a Feijóo “a manter unha posición de país e deixarlle claro a Ferroatlántica que as centrais nin se segregan, nin se venden, porque delas dependen o futuro industrial da Costa da Morte”. Unha vez na Praza do Concello, foi un comprometido Fran Hermida o que leu o manifesto do Comité de Empresa. Fran Hermida leu o manifesto por Ferroatlantica Fran Hermida leu o manifesto por Ferroatlántica-Foto-Rafa Quintáns A manifestación arrincaba cunha concentración ás portas da fábrica de Brens-Foto-Rafa Quintáns A manifestación arrincaba cunha concentración ás portas da fábrica de Brens-Foto-Rafa Quintáns Manifestacion-por-Ferroatlantica 7 Manifestacion-por-Ferroatlantica 5 Manifestacion por Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans 5 Desenvolvemento da marcha a pé por Ferroatlántica-Fotos de Rafa Quintáns

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios