![]()
Cuartel da Garda Civil de Camariñas
Este pasado luns aparecían destrozados varios cristiais blindados do Cuartel da Garda Civil de Camariñas. Unha circunstancia repetida nos últimos anos, pero que desta volta ten consecuencias. Durante o día, a Garda do Posto de Camariñas procedeu á detención dun veciño da localidade como presunto autor dun delito de danos contra as dependecias policiais.
Trátase dun mozo que, segundo a Garda Civil, “tras un arrebato optou por golpear as cristaleras da fachada cun obxecto contundente ou punzante”.
As Dilixencias foron trasladadas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Corcubión.
Xunta local de seguridade
Paralelamente a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou á subdelegación de goberno a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para tratar diferentes asuntos, como o informe sobre espectáculos pirotécnicos, ou o informe sobre violencia de xénero. Unha xunta que se convocou inicialmente para o próximo luns, 22 de outubro ás 11 horas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/detida-unha-empregada-do-fogar-por-roubar-preto-de-6-000e-en-carballo/