Xoves. 13.06.2024
El tiempo

Día do Libro: Por un ambiente de lectura nas escolas

Día do Libro: Por un ambiente de lectura nas escolas

23 de abril, Día do Libro. E son varias as propostas que nos chegan, fundamentalmente dos centros educativos da bisbarra. Propostas prantexadas para fomentar a lectura entre os máis novos, e que aproveitan a data para promovelas. Propostas que hoxe nos chegan dende o CEIP Os Muíños, o IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto e o Concello de Ponteceso.

Pero é que parece que o asunto da lectura é algo sobre o que sempre oímos aquelo de “neso todos estamos de acordo”. Sen embargo certo é que "no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita palabrería e adorno estéril, pero tamén moita xente traballando", como apunta Emilio Roca, profesor e responsable da Biblioteca do instituto camariñán e un dos 6 mestres de toda España encargados de realizar un completo manifesto para mellorar o ambiente de lectura nas escolas. "Sabemos que hai unha corriente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademáis, o consiguen. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de profesionais no que, ademáis de escritores, temos mestres, editores, narradores, catedráticos, psicólogos, periodistas, bibliotecarios... e todo tipo de persoas interesadas en lograr que a lectura teña o seu sitio, para pracer dos lectores, nas nosas escolas".

Presentamos as propostas dende Os Muíños e dende Ponteceso para deixarvos co manifesto mundial que hoxe nos chega dende a mesma Ponte do Porto.

Maratón nos Muíños

Durante a xornada do día 23 de abril desenvolverase no CEIP Os Muíños unha maratón de lectura na que participan o alumnado, profesorado e familias. O alcalde de Muxía, Félix Porto, tamén confirmou a súa participación no acto, que se desenvolverá a partires das 10.30 da mañá de forma ininterrumpida (aínda que con unha pausa para xantar) ata as 15.30 da tarde. O texto escollido este ano é "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, dando continuidade ao tema tratado durante todo o curso polos escolares: "Os muíños e as tradicións".
A maratón estará introducida pola actuación da "Chiquitropa" (orquesta do alumnado de 1º ciclo), quen pechará tamén a xornada xunto con "Os de marras", a orquesta formada polo alumnado de 5º. Ao remate farase entrega dos premios aos mellores lectures participantes no concurso de lectura en voz alta "Lemos poemas", celebrado o pasado 30 de marzo para dar fin ao "Mes da poesía".

Unha de Letras en Ponteceso

O luns, 23 de abril,ás 11:30 horas, na Biblioteca Municipal de Ponteceso terá lugar unha actividade dirixida ao alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria dos Centros de ensino de Corme e Ponteceso. Contarán coa presenza da escritora María Canosa que lerá a súa publicación infantil "O crebanoces" (ilustrado por David Pintor).
O acto será presentado pola a dinamizadora da Fundación Eduardo Pondal Tamara Lema. Como complemento dous alumnos do Centro Coreográfico interpretarán un petisco do ballet clásico "El Cascanueces". Trala sesión agasallarán a cada asistente cun marcapáxinas da obra.

Un Manifesto para crear un ambiente de lectura na Ponte do Porto

Dende o IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, participan no Día do Libro cun manifesto coa intención de mellorar o ambiente de lectura na escola. Nada menos que 108 persoas relacionadas directamente co libro e a lectura (mestres, escritores, editores, animadores culturais, bibliotecarios...), veñen de asinalo.
Trátase dunha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta, (especialista en lectura, animación á mesma, crítica e desenvolvemento de iniciativas culturais e intenso promovedor da narración oral para adultos e rapaces) que nos fai reflexionar aos que subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola. O camariñán Emilio Roca participou activamente na creación do mesmo.

Son 12 puntos moi breves, pero que de irse cumplindo, ou tendo presentes, suporía un verdadeiro replantexamento da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas.

Para un ambiente de lectura na escola

  • 1º - Educar unha actitude favorable:
    A disposición persoal que vincula íntima e favorablemente á comunicación mediada por textos configúrase ao fío de experiencias significativas nutridas de emoción, metáforas e imaxes.
  • 2º - o Gozar a comunicación:
    Os textos pódense compartir desde idade moi temperá e gozar xunto a outras persoas en si- tuacións agradables e pracenteiras que crean climas propicios para o xogo, a expresión e o diálogo.
  • 3º - Xerar unha motivación persoal:
    A actitude persoal favorable convértese en motivación autónoma conforme vai sendo inte riorizada por quen sente a comunicación mediada por textos como unha fonte de pracer estético e intelectivo, un camiño para a indagación e o descubrimento, unha vía de conexión co mundo e de proxección imaxinaria nel.
  • 4º - Recoñecer a diversidade:
    Cada persoa orienta a súa motivación de acordo a preferencias e intereses diversos como diversas e plurais son a vida, as expectativas individuais, as relacións. Por iso os lectores deben poder elixir as súas lecturas entre unha ampla variedade de rexistros culturais e de tipoloxías textuais.
  • 5º - Favorecer a liberdade de lectura:
    Ser lector é crecer en liberdade. A educación da lectura en liberdade ten que ser capaz de amparar a diferenza, os valores diverxentes, a crítica das aparencias ou a incorrección trans- gresora que cada lector reelabora no seu mundo imaxinario.
  • 6º - Apreciar a calidade literaria:
    En todas as tipoloxías textuais existen textos de calidade literaria, non estereotipados e ac- cesibles para lectores de distinta idade, cuxa recepción alimenta os procesos de educación literaria que traen consigo aprecio da beleza, discernimiento entre fondura e banalidade, diálogo cun mesmo, recoñecemento da alteridade.
  • 7º - Exercer a mediación entre os lectores e os textos:
    O adulto que exerce o papel de mediador entre os textos e os seus receptores activa a educa- ción literaria e acompaña o desenvolvemento de afeccións á lectura recoñecendo a diversi- dade, favorecendo a liberdade de lectura, apreciando a calidade literaria. Estimula temperá e continuadamente a disposición á emisión/recepción de textos, narra e le en voz alta, com- parte experiencias de lectura, recibe recomendacións dos outros lectores, selecciona e reco- menda lecturas que gozou e que valora como accesibles e interpretables para o lector con quen dialoga.
  • 8º - Desenvolver a competencia comunicativa:
    A interacción satisfactoria cos outros nunha contorna textual, escoitar e dicir textos, escribir textos para ser lidos por un interlocutor e ler en voz alta, dialogar sobre os textos, favorece a maduración da competencia para a comunicación lingüística e o crecemento persoal.
  • 9º - Vincular pracer lector e comprensión:
    Pracer lector e comprensión lectora van da man: esta é a conclusión do Informe PISA 2009 acerca da asociación entre o rendemento en comprensión lectora, a motivación persoal cara á lectura e o pracer de ler:
    “En todos os países, os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento significativamente máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler... Os alumnos que non len por diversión son os que, xeralmente, non gozan lendo. O goce pola lectura é, de acordo con PISA 2009, unha condición previa da motivación cara á lectura... Ler por pracer e rendemento son factores positivamente asociados. O baixo rendemento en comprensión lectora nos alumnos que din non ler por diversión parece aconsellar a difusión de medidas de fomento da lectura, pero animar aos alumnos a ler máis horas non significa necesariamente que melloren a súa comprensión lectora. Existe un limiar que indica que a diferenza estriba en que lean diariamente por diversión, non na cantidade “bruta” de tempo que pasan lendo.”
    - “PISA 2009. Informe español”. Ministerio de Educación, 2010 [pdf].
  • 10º - Distinguir entre reprodución e produción:
    O diálogo sobre os distintos significados extraídos polos lectores tras as súas lecturas, a in- terpretación compartida, permite profundar no sentido dos textos indo máis aló das pautas que miden a mera capacidade para reproducir significantes pero non desenvolven a compe- tencia para producir novos significados.
  • 11º - Alentar a afección e a dedicación:
    A motivación autónoma e o desenvolvemento da competencia comunicativa alentan a procu- ra de novos retos textuais cada vez máis complexos, que requiren afección, dedicación e es- forzo, e vense recompensados con novos achados de pracer lector.
  • 12º - Caracterizar a Biblioteca como lugar para o pracer lector:
    A Biblioteca escolar é o lugar privilexiado da Comunidade Educativa para as interaccións en torno aos textos, un recurso para o traballo do profesorado que desexa compartir o pracer de ler e un ambiente idóneo para desenvolver o gusto pola lectura e para articular estratexias de educación lectora e literaria coherentes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios