Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Edith del Valle e Esteban Freiría volverán reinar na pasarela da Mostra

BailaMarica de Estebran Freiria
Así é a colección Baila Marica de Estebran Freiria
Edith del Valle e Esteban Freiría volverán reinar na pasarela da Mostra

Seguimos coa conta atrás para a XXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Entre o completísimo programa, hai que destacar a calidade dos deseñadores que farán da pasarela da Mostra un escaparate nacional.

Entre eles, hoxe destacamos Edith del Valle e Esteban Freiría.

Edith del Valle mostra
Colección de Edith del Valle

Del Valle “dará renda solta á creatividade para ser eu mesma na Mostra a”. A deseñadora compostelá, agora afincada en Madrid, traerá unha colección ou urbana e andróxina, mesturando o masculino e o feminino. Esta será a súa quinta participación e síntese “moi orgullosa de que me sigan invitando, para min é un reto.

Outro dos grandes que volverá será Esteban Freiría, que converterá “nunha discoteca de moda” a pasarela. O deseñador galego, afincando en Marbella, repetirá na Mostra por noveno ano consecutivo e cree que “Camariñas está máis de moda que nunca”. Adianta que para su colección, ‘Baila Marica’, “inspireime no traxe de tuno, do século XV, e o reinterpreto para facer traxes de gogó de discoteca”.

Grandes figuras para que os participantes do Concurso de Deseñadores Noveis aprendan en primeira man.

Máis novas do Encaixe

Comentarios