martes. 14.10.2025
El tiempo

A empresa camariñá NAFCOM lanza o único sistema en Galicia de camión con pantalla xigante

O Camion con Pantalla Xigante de NAFCOM
O pioneiro camión con pantalla da camariñá NACFOM xa estivo en Negreira polo Mundial feminino e volve a vindeira semana para o partido da Copa do Rei ante a Real Sociedade
A empresa camariñá NAFCOM lanza o único sistema en Galicia de camión con pantalla xigante

NAFCOM, a empresa radicada en Camariñas, vén de lanzar ao mercado o único sistema en Galicia de camión con incorporación de pantalla xigante que serve para amenizar todo tipo de eventos. Este verán xa estivo en varios eventos da comarca, chamando a atención duns e outros

Agora, unha vez testeada, xa lanzan o produto ao mercado intentando chegar aos distintos sectores aos que pode interesar a súa presenza nos centos de eventos que teñen lugar pola xeografía galega, onde unha empresa da Costa da Morte será a responsable de que a calidade de moitos eventos incrementen o seu nivel e permítalles subir un banzo importante no resultado final.

Para o desenvolvemento desta importante vertente empresarial dentro de NAFCOM, únese José Manuel Olveira Pérez, como Responsable comercial e que será o encargado de dar a coñecer este importante soporte de comunicación ademais de pechar as datas para as persoas e empresas interesadas en contar co mesmo para eventos de todo tipo. 

Camion con panatlla NACFOM

Algunhas características deste sistema, ideal para eventos deportivos, campañas publicitarias, mitins políticos, cinema de verán, exposicións varias, festas locais... son as seguintes:

  • O camión incorpora unha pantalla LED P3.91 de 12 M2 (4m. X 3 m.) con elevación de 3 metros e xiro para orientación.
  • 3000 W de son estéreo
  • Grupo electróxeno (alimentación independente)
  • Palco engadido lateral para entrega de premios, demostracións, actos culturais, mitins políticos etc.
  • Micrófono inalámbricos e mesa de mesturas
  • Cámara para facer directos
  • Software deportivo profesional para diferentes modalidades
  • Unha vantaxe importante: pode moverse ao lugar máis adecuado sen problema durante o mesmo evento ao non necesitar de montaxe.

Xa se pecharon bastantes datas para distintas festas por toda Galicia, posto que as comisións de festas lle poden sacar un gran rendemento económico a través da emisión de publicidade, e ademais o próximo ano, non podemos esquecernos do Mundial de Fútbol e onde hai establecementos hostaleiros interesados en contar coa pantalla xigante móbil para goce dos seus clientes. 
Agora os eventos deportivos poderán ser visionados polo público asistente en directo, como aconteceu con distintos eventos celebrados durante este verán pasado e tendo así ao público atento en todo momento ao desenvolvemento de calquera acto deportivo xa sexa este por mar, por estrada ou pola montaña.

Tamén é importante para transmitir información a posibles clientes tras unha inauguración dun establecemento. A realidade é que este sistema é válido para publicitar, comunicar, presentar, etc. calquera tipo de evento, empresa, festa local, etc. e  na mellor localización posible. 

As persoas interesadas en coñecer máis datos sobre este sistema de pantalla xigante móbil e que desexen coñecer datas para a dispoñibilidade da mesma, poden chamar ao móbil 678931224 de luns a sábado (de 15,00 h. a 20,00 h.) ou ao correo electrónico: ventas@nafcom.es
 

Comentarios