En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
Segue sendo a Mostra do Encaixe un dos eventos máis importantes da provincia durante cada Semana Santa. Así o recoñeceu o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a presentación oficial (despois da realizada en Madrid), na que tamén estiveron o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, e a edil da localidade Sandra Insua.
Pero a gran protagonsta do acto de presentación da XXVI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano se celebrará entre o 23 e o 27 de marzo e contará cun total de 52 stands, foi Mayte Castro, palilleira e modelo do cartel realizado por Rosa Mouzo.
O presidente da Deputación afirmou que se trata dun evento “importante a nivel local”, pero que conta tamén cunha ampla “repercusión internacional”. “Na Deputación cremos que a Costa da Morte ten dereito a labrarse un futuro”, e por iso apostan “potenciar e ensinar ao mundo esta labor artesanal que fan máis de 1.000 mulleres da Costa da Morte” e que é froito dunha “longa tradición”.
A idea que destacou o alcalde máis importante é “que non é só unha festa, senón unha actividade económica cunha repercusión enorme”, para o que definiu como “Concello do Encaixe” que integra a zona de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Por aí tamén foron as verbas de Sandra Insua, que falou da “a evolución como industria” do encaixe, que pasou de ser un complemento de outras actividades e “un salvavidas económico para familias en apuros” a ser “unha fonte de inspiración para os grandes deseñadores de moda”.
Nesa liña, Alonso de León destacou que a feira supón tamén “facer país” e contribuír á “Marca España dende Camariñas”, dada a “calidade e categoría” dun evento ao que asisten delegacións de catorce países, que durante estes catro días terán a oportunidade de comprobar a excelencia dos encaixes que, nestas terras, elaboran dende hai anos as mans expertas das palilleiras.
Importante axuda provincialNeste sentido, explicou que a Deputación da Coruña manterá neste mandato o seu compromiso de apoio ao certame, ao que este ano destinará 149.000 euros, dos que 29.000 se destinan a gastos de imprenta, que inclúen dende os carteis, os programas ou as guías turísticas ata as bolsas dos stands e as entradas.
Encaixe de Camariñas no TitanicO rexedor camariñán subliñou tamén a longa historia que vincula a arte manual do encaixe co pobo de Camariñas e contou curiosidades como que, dende a organización da exposición oficial sobre o Titanic, contactaron co Concello para solicitarlles unha peza de encaixe, pois no barco, afundido en 1912, viaxaban pezas elaboradas na localidade. Novas relacionadas
- Camariñas presentouse en Madrid.
- O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Camariñas defende a súa promoción virtual do mar.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Redacción QPC ([email protected])