Venres. 11.10.2024
El tiempo

As escolas deportivas de balonmán e fútbol de Camariñas abren a inscrición para o próximo curso

Escolas Camarinas
As escolas deportivas de balonmán e fútbol de Camariñas abren a inscrición para o próximo curso

As escolas deportivas de fútbol e balonmán do Concello de Camariñas abriron desde hoxe, xoves 29 de xullo, a inscrición para que os nenos e nenas que o desexen se anoten para formar parte de calquera delas, ou das dúas, de cara ao curso 2021-2022.

A escola de fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, que acaba de crearse grazas ao convenio asinado cos catro clubs do municipio (Camariñas C.F., Club Porteño C.F., Camelle S.D., e As Baleas) e que estará coordinada por Juan Cabrejo Pasantes, contará coas categorías de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Os adestramentos comezarán en setembro. A inscrición poderá formalizarse a través dun formulario online ou do correo electrónico [email protected].

A escola de balonmán tamén comezará os adestramentos en setembro e realizará unha proba gratuíta a finais de agosto. Haberá as seguintes categorías: kids, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil masculino e feminino e cadete masculino e feminino. A inscrición pode facerse a través de Whatsapp no teléfono 677 433 461 ou do correo electrónico [email protected].

Comentarios