Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O escultor cormelán Santi Collazo leva a súa exposición “Costa” a Camelle

Cartel_Santi_Collazo
O escultor cormelán Santi Collazo leva a súa exposición “Costa” a Camelle

Xa está instalada no Museo Man de Camelle a nova exposición de Santi Collazo. Despois de ter exposto no Museo de Arte Contemporánea de Corme en xaneiro de 2021 e na Casa da Cutura de Cee en setembro de 2022 péchase este percorrido coa exposición de Camelle. /p>

O escultor Santi Collazo (Corme 1967) presenta un percorrido vital e xeográfico pola Costa da Morte: dende unha primeira visión humanista centrada as virtudes e as paixons, seguida de unha mostra baseada no territorio e a a sua ligazón cos sentementos, pecha esta etapa con una serie de obras que, dende unha visión actual, conxuga baixo o título "Costa”.

”Son unha series de pezas de escultura contemporánea estreitamete ligadas ao mar e a un fondo sentemento de pertenza ao lugar”, explica.

Comentarios