Esixen o arranxo de varias estradas en Camariñas


Hoxe é o BNG de Camariñas o que aparece na vida política para esixir o arranxo de varias estradas. Aseguran que "a pesar da desproporcionada subida de impostos no Concello camariñán,non se está a reparar as estradas polas que circulamos habitualmente". Así, ao BNG lle "resulta, cando menos sorprendente comprobar que na Avda Juan Carlos 1º de Camariñas os postos da luz, soterrados nunha enorme base de formigón, ocupan unha parte importante do carril de circulación. Nun primeiro momento os postes ian ser provisionais pero xa vai anos que forman parte do caos urbanístico do noso concello".
Consideran "non menos sorprendente e perigoso que os badéns que hai na recta da igrexa da Ponte do Porto teñan unha altura que sobrepasa en centímetros o máximo permitido e que pon en risco a circulación e a seguridade dos conducores. O que ten que ver cos accesos ao noso concello atópanse con numerosos socavóns, son o caso da travesia da esquipa e o acceso de Braño a Camelle", sinalan.
Deste xeito, "o BNG de camariñas esixe que se arranxe de inmediato as nosas estradas pois o manter as estradas en boas condicións e beneficioso para a nosa seguridade, para a economia local e para manter viable os accesos ao noso concello".
Novas relacionadas
- O lume arrasa 7 hectáreas en Camelle e pega un susto no Ézaro.
- 5 Grandes Mestres Mundiais participarán no Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Camariñas.