Esta si que será a Fin de Semana dos Naufraxios en Camariñas
06:13 15/11/18
A idea era facer toda unha batería de actividades relacionadas cos naufraxios a fin de semana da homenaxe ao Serpent. Non puido faltar á súa cita a Real Liga Naval Española cunha das homenaxes máis emotivas e simbólicas de cantas hai na Costa da Morte, pero o temporal da pasada fin de semana provocou que se adiara todo o programa artellado polo Concello.
Esta fin de semana de venres 16, sábado 17 e domingo 18 de novembro si, será unha completa ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas.
As actividades culturais voltarán ao Cemiterio dos Ingleses, onde o sábado, a partir das 21:00h haberá unha representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. E tamén o venres en Camelle poderá asistir á teatralización dos Naufraxios en Camelle que terá lugar no peirao ás 21:00 horas.
Ademais, os veciños e visitantes de Camariñas poderán degustar durante todo o fin de semana a ‘Ruta de Tapas dos Naufraxios’ na que máis de 20 establecementos participantes ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería A Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño.
Para aqueles que enchan o cupón con 6 das tapas participantes o Concello de Camariñas sorteará 210 euros en premios. Un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 60 euros e un terceiro de 30 euros. Ademais, todos os que proben as 6 tapas recibirán un agasallo dunha gorra-viseira. O horario para probar as tapas da ruta é de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas.
Por outra banda, haberá o domingo unha andaina guiada para adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas. É imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico [email protected].
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/rlne-serpent-homenaxe/Novas das homenaxes ao Serpent
- Miro Villar: O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Homenaxe ao Serpent 2016: O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- 2014: A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2013: Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2012: Violíns nocturnos para homenaxear o naufraxio do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2011: Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal.
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Homenaxe ao Serpent 2009: Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2008: O Cemiterio dos Ingleses acolleu unha romántica homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2007: O pasado 10 de novembro celebrábase o 117 aniversario do naufraxio do Serpent.