Evacuada por intoxicación na Ponte do Porto tras unha fuga de gas


Momentos de máxima tensión os que se viviron esta mañá de martes 2 de xaneiro de 2018 na Ponte do Porto. Eran as 8:30h da mañá, cando unha muller da Rúa Curros nº24 comezaba a berrar despois de decatarse dunha posible fuga de gas na súa casa. A veciña baixaba a ver que acontecía e comprobaba que non podía saír da súa vivenda, tras sufrir un esvaecemento pola presencia confirmada de altas concentracións de monóxido de carbono, e chamaba ao 112.
Mentres chegaban as forzas de seguridade e os Bombeiros de Cee (sen camión de altura), conseguían abrir a porta, trasladando inmediatamente á muller Hospital Virxe da Xunqueira por mor dunha posible intoxicación por monóxido de carbono provocado pola mala combustión dunha bombona dunha estufa portátil de butano
Sen camión de altura
De camiño á intervención os Bombeiros de Cee avisaron ao CAE112 de que non teñen vehículo de altura xa que está dado de baixa e que mobilicen os bombeiros do parque de Santa Comba co seu vehículo de altura xa que a intervención trátase nun terceiro piso. Unha circunstancia clave para salvar vidas coa que segue xogando a Xunta.
Novas relacionadas
- Decembro 17: Controlan a tempo unha fuga de gas en Cee:
- Decembro 2017: Os Bombeiros de Cee quedan sen camión de altura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).