Fan un chamamento ao voluntariado para unha nova limpeza colaborativa nas praias do Trece con QuiQue Bolsitas

08:01 28/07/25
Aproveitando a visita a Galicia do activista QuiQue Bolsitas, varios colectivos como@salaobrand, UbuntuLife, Mar de Fábula e o propio Quique, están a organizar unha limpeza na contorna das praias e coídos do Trece, Camariñas.
Casualmente, o día escollido é o Día Internacional da Amizade, e co non pode haber un día mellor, polo que invitan a todas as persoas amigas da natureza a participar.
A quedada será o martes 29, ás 19:00h no aparcamento do Cemiterio dos Ingleses
A efectos de seguros, será necesario anotarse con nome, apelidos e DNI no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou no teléfono: 660242118. os colectivos organizadores levaremos todo o material para acometer esta limpeza