Mércores. 13.11.2019
El tiempo

As Festas do Carme de Camariñas comezan cunha cea para recadar fondos

As Festas do Carme de Camariñas comezan cunha cea para recadar fondos

Xa están en marcha a festas do Carme de Camariñas do 2020. E para comezar a traballar, a  Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” prepara unha Cea de Nadal e baile para recadar fondos.

A cita será o próximo día 30 de novembro no restaurante La Marina, de Camariñas, as 22.00 horas. O menú consta de empanada, ameixas á mariñeira, xarrete de tenreira, postre, café e chupito e o seu prezo é de 22 euros, dos que seis corresponden ao donativo para recadar fondos para as festas do Carme 2020.

 Ao remate, e antes do baile, sortearanse diversos produtos donados polo comercio local de Camariñas. Entre eles unha magnífica sombrilla de encaixe.

Comentarios