Finalizadas as obras de reurbanización da rúa Río do Prado en Camariñas
10:59 02/09/20
Cun investimento de máis de 200 mil euros do Plan Único da Deputación, esta semana o Concello de Camariñas recibía as obras finalizadas de reurbanización da rúa Río do Prado.
As obras consistiron na construción de beirarrúas, a pavimentación e a dotación de saneamento e recollida de pluviais. A rede de saneamento de pluviais vai soterrada baixo as novas beirarrúas que se construíron en ambas marxes da estrada e coas que, xunto coa pavimentación, se pretende mellorar as condicións de seguridade e funcionalidade do tramo da rúa Río do Prado, que presentaba un grado de deterioro que impedía o seu uso normal tanto para os peóns como para vehículos.