Venres. 19.04.2024
El tiempo

Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado

Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado
Gomez Noya chegando ao Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Gómez Noya no momento de chegar á meta do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Leva todo o protagonismo deportivo esta fin de semana o triatleta Javier Gómez Noya. O seu duatlón particular fixo estes días nun paso pola Costa da Morte que será lembrado moito tempo. O sábado participaban na Travesía a Nado Camariñas-Muxía, nadando 2,5 km e arrasando. Tívoo máis complicado o domingo, ante un ciclista profesional como Gustavo César Veloso, pero tamén puido con el tras 150 km e o gran Muro do Ézaro.

Gran Fondo

https://www.facebook.com/granfondoezaro/videos/1730553476973039/ Espectacular o Gran Fondo Ézaro. Un ano máis, impecable organización dun evento que superou os 1.100 ciclistas polas nosas estradas. O nivel segue medrando nesta proba e foi o pentacampión mundial un dos culpables. Gómez Noya escapou xunto ao ciclista profesional Gustavo César Veloso. O ferrolán atacou na subida e con 12:04 fixo un tempo invencible para Veloso, sumando a segunda vitoria da fin de semana. Estiveron a altura Ezequiel Mosquera pero a fermosa loita entre Alex Zulle e Tony Rominger quedou algo agochada polo protagonismo dos vencedores. Outra que foi destacada foi a parella de Gómez Noya, a triatleta neozelandesa Anneke Jenkins, que sumou a 4ª praza. Gran detalle da organización dándolle a todos os que remataron a proba unha medalla co lema "Subín o Muro" Gómez Noya, Tony Rominger e Alex Zuelle na saida do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Gómez Noya, Tony Rominger e Alex Zuelle na saida do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Saida do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Saida do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Serafin Zubiri no Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro 2 A chegada de Serafin Zubiri foi outro dos grandes momentos do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Podio do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Podio do Gran Fondo Ezaro 2017-Foto-Jorge Castro Aquí tendes as 4 horas de retransmisión.  

Travesía a Nado

Gomez Noya ganou a Travesia a Nado Camarinas-Muxia 2017 Gomez Noya gañou a Travesia a Nado Camariñas-Muxía 2017 Gómez Noya e Jenkins foron tamén protagonistas o día anterior entre Camariñas e Muxía. Un Gómez Noya que rebaixou en 3 minutos a mellor marca do ano pasado, e superou aos 110 nadadores. Xunto a el, Jenkins tamén se alzaba co triunfo en féminas. O primeiro camariñán foi José Antonio Antelo, xa lonxe dos primeiros postos da xeral. A travesía acolleu unha gran espectación en ambos peiraos.

Novas relacionadas

Máis novas

 

Fonte

Comentarios