Venres. 19.04.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia, Camariñán do Ano para a Asociación Virxe do Carme

Algúns alumnos do centro da Ponte do Porto serán os pregoeiros das Festas de xullo

Alumnado euroembaixador do IES da Ponte do Porto
O IES Pedra da Aguia, Camariñán do Ano para a Asociación Virxe do Carme

O ano pasado foi toda unha campioa do mundo como Paula Esteiro. Este ano, a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” quere adicarlle o seu premio de Camariñán de Honra 2019 a toda unha institución. Porque a actividade que xera o IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto merece un recoñecemento tal.

Sabémolo de primeira man en QPC onde levamos anos recollendo a actualidade do centro máis europeo da comarca, ben sexa en clave de igualdade, electoral, de debate ou viaxeira.

A entidade valorou o traballo do pequeno centro educativo, radicado no rural e público onde, profesores, pais e alumnos, asumen retos e metas ambiciosas que redunden na formación integral dos xoves camariñáns, na súa promoción persoal e social, e, moi especialmente, na labor de coñecer e difundir no resto da sociedade a Unión Europea e as súas institucións. Este traballo acadou recoñecemento público co seu nomeamento como centro embaixador da Unión Europea.

O alumnado fórmano rapazada de Camariñas pero tamén de algunha parroquia de Vimianzo. O estrato social destes rapaces é de familias vinculadas aos sectores primarios, ao pequeno comercio, aos servicios e, sobre todo, á pesca e o marisqueo e as actividades vinculadas con estas actividades que son, económica e socialmente, o cerne do concello de Camariñas. “Só o compromiso dos educadores, dos pais e do esforzo dos propios rapaces fan posible que a voz dos rapaces da Camariñas e da Costa da Morte sexa escoitada no resto de Galicia, en España e en Europa”, explican dende a entidade. Por todo isto o IESP representa mellor que ninguén os valores camariñáns.

A entrega formal do recoñecemento farase o próximo 14 de xullo nun acto vinculado á celebración das festas patronais de Camariñas. Ademais, varios alumnos serán os pregoeiros das Fesras do Carme de Camariñas, dando lectura ao pregón o luns 15 de xullo as 12.00 dende o balcón da Casa do Concello de Camariñas.

Cea do Carme

CARTEL CEA DO CARME Camarinas 2019

Así mesmo, a entidade celebrará unha cea para recadar fondos para financiar as festas do Carme de Camariñas. Será nunha carpa instalada na Praza do Mercado de Camariñas o próximo 29 de xuño ás 22 horas, e contará cun fin de festa que servirá de aperitivo ás festas mais emblemáticas da Vila dos Encaixes. Haberá inchables para os mais cativos, sorteos e diversión garantida.

As Festas do Carme

E aí está o programa completo das festas de xullo:

Festas do Carme de Camarinas 2019 copia

Novas relacionadas

 

Comentarios