Luns. 18.11.2019
El tiempo

Os [email protected] do IES Pedra da Aguia, de ruta científica, artística e literaria

Os [email protected] do IES Pedra da Aguia, de ruta científica, artística e literaria
Participantes Rutas literarias do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto Participantes Rutas literarias do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto

Danlle a todo os rapaces do IES Pedra da Aguia. Tanto fanche de grandes oradores, como de descubridores da Europa Parlamentaria, como che escriben un relato en 100 palabras. Esta semana toca mesturar, e facer de Faraday, Manet ou Shakespeare ao mesmo tempo.

Dende onte ata o vindeiro sábado 27, un grupo de 24 alumnos e alumnas de 2º de ESO do IESP Pedra da Aguia van participar nunha ruta cultural polas provincias de Badajoz, Sevilla e Cádiz. Irán acompañados por dúas profesoras do centro: Silvia Lijó (L. Castelá) e Gema Lois (Tecnoloxía).

O centro presentou un proxecto a esta convocatoria do Ministerio de Educación, onde 16 centros de toda España serían seleccionados para participar con alumnado de 2º de ESO. O Programa “Rutas Científicas, Artísticas e Literarias” pretende ademais de dar continuación aos coñecementos recibidos polos alumnos na aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida nos seus respectivos centros, a través de contornas máis experimentais e visuais. Isto favorecerá non só á súa formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, ambiental e social, senón tamén ao seu desenvolvemento integral.

No percorrido irán acompañados do alumnado de 2º de ESO do IES Tomás Bretón de Villamayor de Armuña (Salamanca). A expedición camariñá levarán varios agasamos da Mostra do Encaixe e de Cerdeimar para intercambiar cos seus compañeiros salmantinos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-campions-de-oratoria-do-ies-pedra-da-aguia-de-convivencia-formativa/ https://quepasanacosta.gal/o-ies-pedra-da-aguia-campion-galego-do-certame-nacional-de-euroscola/ https://quepasanacosta.gal/unha-visita-literaria-no-ies-pedra-da-aguia/

Comentarios