Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia chega ata o Parlamento Europeo de Estrasburgo

Os alumnos do IES Pedra da Aguia que se desplazarán ata Estrasburgo
Os alumnos do IES Pedra da Aguia que se desplazarán ata Estrasburgo
O IES Pedra da Aguia chega ata o Parlamento Europeo de Estrasburgo

O IES Pedra da Aguia de Camariñas volve á carga. A finais de outubro, os estudantes de 2º de ESO formaban parte do programa de Roteiros Literarios e Científicos para visitar Murcia e o sueste andaluz. Xa en novembro, dúas profesoras do Centro desprazáronse a Xordania para expoñer o traballo realizado en favor da igualdade de xero, froito do premio Vicente Ferrer que lles concederon recentemente e cuxo galardón recibirán este xoves en Madrid.

Agora é a quenda dos embaixadores junior do Parlamento Europeo. Tamén este xoves 14 participarán novamente no programa Euroscola xunto a 500 escolares de 24 países da Unión Europea.

O lugar de encontro será a sede plenaria do Parlamento Europeo de Estrasburgo. Neste evento, que se poderá seguir en streaming a través da web do Parlamento Europeo, dúas das alumnas do Pedra da Aguia farán unha presentación na que explicarán os múltiples proxectos desenvoltos polo centro nos últimos anos. Despois mesturaranse co resto de estudantes europeos para debater os asuntos máis de actualidade en Europa. Ademais, ao día seguinte, visitarán a sede do Consello de Europa e a Oficina do Defensor do Pobo para coñecer máis de preto estas institucións.

Igualmente, os estudantes irán acompañados da súa inseparable mascota, Caramiña, e esta vez lucirán unha camiseta de fabricación artesá e local na que estará estampada a figura dun polbo.

Comentarios