O IES Pedra da Aguia danza a ritmo de Escora
A inmersión da danza, a través do proxecto Escora, na Costa da Morte, viviu un episodio moi especial este pasado xoves. O alumnado de 3º da ESO do IES Pedra da Aguia pertecenntes a Camelle, fixeron dúas actividades interesantísimas.
En primeiro lugar, os mozos do Instituto gravaron un podcast en directo, no que dous dos seus alumnos, Lía Bermúdez e Aleix March, entrevistaron ao artista e responsable cultural Pablo López e ás integrantes do colectivo Vacaburra, Andrea Quintana e Gena Baamonde.
Pablo López, quen xunto coa asociación ecoloxista Mar de Fábula idearon o proxecto A Casa no Alto, explicou por que elixiu a Costa da Morte e concretamente a vila de Camelle para crear o concepto de residencia artística, un espazo espazo físico onde artistas de por toda España poden vir a desenvolver o seu traballo.
Pola súa banda, o dúo formado polo colectivo Vacaburra emocionou aos cativos coa súa naturalidade e humor contándolles como transmitir emocións a través da danza contemporánea e contándolles como fixeron o seu último espectáculo, RUAR, que este sábado preestrearán en Camelle. o 18 de maio.
Fluir ca Danza
Despois do podcast veu un obradoiro práctico de como deixar fluír o corpo e escoitar en silencio os ruídos que xeramos con el. A timidez do inicio foi superada rapidamente con escorzos imposibles, onomatopeas e gran autoconfianza por parte da maioría do grupo que, aínda que nun principio non entendía moi ben este tipo de movementos, soubo abrir a mente a novas experiencias.
A mañá rematou cunha breve visita ao museo dos naufraxios, situado no Museo do Man, e coa colaboración de Mar de Fábula na limpeza dos areeiros de Camelle, de onde en pouco tempo retiraron unha gran cantidade de plásticos, latas, toallitas desbotables. , cordas e outros materiais contaminantes.
Sen dúbida, estes alumnos de 3º da ESO tiveron un curso intenso, xa que realizaron numerosas actividades no marco do programa “Activistas polo mundo que queremos” e coñeceron o Parlamento de Galicia e as institucións comunitarias en Bruxelas.
Agora teñen unha última acción solidaria, que coincidirá co remate do curso, e que pretende visibilizar o traballo de ACNUR nos diferentes países que precisan da súa axuda. Por este motivo, organizarán un pequeno festival para recadar fondos. Un bo remate para un curso cheo de activismo.