mércores. 30.04.2025
El tiempo

O IES da Ponte do Porto protesta contra a falta de auxiliares para atender ás Necesidades Educativas Específicas

Erasmus Day no IES da Ponte do Porto
Unha xornada europea desenvolta polo alumnado camariñán
O IES da Ponte do Porto protesta contra a falta de auxiliares para atender ás Necesidades Educativas Específicas

Hoxe sábado centos de familias da Costa da Morte participan na manifestación de Santiago de Compostela contra os recortes. Entre eles, moitas familias do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, que xa prepara unha protesta pola problemática que están sufrindo por mor da falta de especialistas.

Este luns día 28 de outubro de 2024 can facer un acto de protesta diante da praza do concello de Camariñas ás 18:00 da tarde. “Temos moitos casos de alumnado con necesidades educativas e o persoal docente, co que contamos no centro, non pode atender a todos nin dedicar o tempo que necesitan cada un deles/as”, aseguran dende o centro. “Isto repercute na aula xa que, á hora de atender á total diversidade do alumnado, o profesorado ve reducido o seu tempo de docencia, tanto en calidade como en cantidade, e como consecuencia na aprendizaxe no desenvolvemento do alumnado”.

Comentarios