A Xunta recúa e recoñece unha vacante de PT para o CEIP de Cee e outra de AL para o de Laxe

Saltan esta mañá de alegría as familias de Cee e Laxe ao comprobar as novas vacantes anunciadas pola Consellería de Educación. Porque a pesar das mentiras vertidas onte na Comisión do Parlamento por unha deputada popular, parece que hai alguén aí arriba escoitando o clamor das comunidades educativas.
Esta mañá, a listaxe de vacantes pendentes incluía un auxiliar de Audición e Linguaxe para o CEIP Cabo da Area de Laxe e un auxiliar de Pedagoxía Tearapéutica para o CEIP Vila de Cee. Este recoñecemento é importante, e se ben aínda non están cubertos, o seguinte paso será envialos ao longo dos vindeiros días.
Deste xeito, dúas das comunidades educativas que máis protestaron conseguen que se lle recoñezan os seus dereitos na atención ás Necesidades Educactivas Específicas. Conségueno mes e medio de ruido, sobre todo gracias á implicación das familias, pero tamén das iniciativas parlamentarias levadas polo BNG e o PSOE, así como a labor na sombra dende o Concello.
Con todo, cómpre lembrar que estas interinidades son prazas estruturais que foron roubadas, que dan despois dun mes e medio, moi ruidoso, do inicio do curso, e que son prazas de interinos, que non se garantizan a continuidade o ano que vén, é dicir, en precario; e a unha semana da macroconvocatoria da manfiestación do día 26 en Compostela.