Martes. 14.07.2020
El tiempo

Instalando paneis informativos nas praias para a Fase 2

Instalando paneis informativos nas praias para a Fase 2

Arrincou onte a Fase 2 en Galicia e as praias volven ser protagonistas. De aí que os Concellos se poñan a traballar para poñelas e punto e para controlalas, se ben aínda non comezou a temporada de baño e non hai socorristas.

Por exemplo, Camariñas instala estes dás carteis coas principais medidas de seguridade nos seu 13 areais (Camelle, Arou, Lobeiras, Santa Mariña, Trece, Reira, Pedrosa, Lago, Area da Vila, Lingunde, Ariña Branca, Rego dos Coiros e Ariño).

“Non dispoñemos de medios para controlar o aforo pero si que podemos concienciar á xente de que, se todos extremamos as precaucións, ir á praia pode ser seguro”, explicou Sandra Insua.

Nos carteis expóñense as principais medidas de protección e hixiene que se deben seguir nas praias: manter a distancia social de dous metros cun perímetro que inclúe os obxectos persoais, os grupos deben ser como máximo de 15 persoas e respectar a distancia de seguridade, evitar o deporte colectivo optando por outras alternativas individuais e realizar unha hixiene frecuente de mans facendo uso do xel hidroalcohólico.

Novas relacionadas

comentarios