Sábado. 11.07.2020
El tiempo

Fase 2 anunciada... e agora que? 



Imaxe da praia do Osmo o pasado verán
Imaxe da praia do Osmo o pasado verán
Fase 2 anunciada... e agora que? 



Apenas un par de días despois de sabermos que estamos ná Fase 1,5 vimos a falar da seguinte. O ritmo non para!

Esta semana o Ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou que a Galiza é un dos territorios que pasa á Fase 2 do desconfinamento, que entrará en vigor no vindeiro luns 25 de maio, e para todo o territorio (ningunha zona do país permanecerá en Fase 1).

Mapa da nova normalidade

Non imos falar do contido íntegro das normas desta Fase II (podedes conconsultalo aquí) . Optamos por colocar información clave das áreas máis relevantes, para que a información fique todo o sólida e firme que este pequeno rebumbio normativo nos permite. Como anunciamos xa no post sobre a Fase 0, se tedes preguntas concretas sobre algunha das fases, podedes facérnolas chegar vía Facebook, nestes mesmos comentarios ou a través do whastapp 637 770 893.

(Coma sempre, recordámosvos o importante de manter o coñecemento ao día: se entre hoxe e o luns se publican novas normas ao respecto da Fase II, darémosvos conta delas).

A onde podo ir?

A onde queiras dentro da túa Provincia. Malia a petición da Xunta de Galicia, o movemento interprovincial libre non está permitido (agás excepcións moi específicas) polo momento.

É importante recordar que as franxas horarias deixan de se aplicar, cunha excepción: entre 10 e 12h; e entre 19 e 20h queda reservado para persoas maiores de 70 anos. Recordade neste punto o que comentabamos no artigo anterior sobre os Municipios de menos de 10.001 habitantes.

As saídas deben facerse con máscara cando esteamos en espazos pechados, ou cando non poidamos manter a distancia de seguridade.

As xuntanzas de grupo poden ter até 15 participantes, incrementándose os 10 vixentes até o de agora.

Medidas novas para establecementos e locais comerciais

Poderán abrir, mesmo se teñen máis de 400 metros cadrados mais cunha limitación de capacidade ao 40% e establecendo un horario preferente para persoas maiores de 65 anos.

Os Centros Comerciais poden abrir, pero cunha limitación de capacidade do 35% nas zonas comúns (para o interior dos negocios, a limitación sería a do 40%). Así mesmo, cómpre recordar que non se permite permanecer nos espazos comúns máis que o tempo necesario para os desprazamentos. Neste sentido, o permanecer en zonas comúns está permitido só para negocios de hostalaría con espazo reservado; e non se poden empregar as zonas de xogo infantís.

Cun exemplo vémolo mellor: podemos ir mercar un xeado ao Centro Comercial, si, e podemos sentar a tomalo pero só se a xeadería ten mesas propias. Sentar nun banco do propio Centro, non estaría permitido.

Hostalaría e restauración

Xa vimos algún pequeno apunte sobre aqueles negocios de hostalaría en Centros Comerciais. Para os que estean fóra daqueles, está permitida a apertura con consumo no interior, con limitación do 40% da capacidade e só en mesa (non se pode consumir na barra). Recordemos que isto non se aplica aínda a locais nocturnos, que teñen prohibida a apertura no interior.

Hoteis e aloxamentos turísticos poden abrir xa os seus espazos comúns, con limitación dun terzo da capacidade.

Outras áreas de interese

Permítense as visitas a Centros de maiores e de persoas con discapacidade, sempre con cita previa e limitándose a unha persoa por [email protected]

Ademais, poden abrir os cines e teatros, con limitación dun terzo de capacidade e sempre con venda anticipada de entradas.

Permítense as vodas, con até 50 persoas en espazos interiores, e 100 ao aire libre.

Pódese ir a piscinas públicas e ás praias para un uso recreativo: podemos tomar o sol e bañarnos! Mais con algunha condición: distancia de dous metros entre persoas que non convivan xuntas, e sen permitirse o uso de vestiarios, fontes de auga e aseos.

(En datas próximas, de seguro, os diferentes Concellos do país farán públicos diferentes métodos para manter o control da seguridade nestes espazos).

Instrucions en Fase 2

 

 

Artigos explicativos de Miguel Vieito Villar

Novas relacionadas

comentarios