Javier Lavandeira expón as súas esculturas no faro Vilán
08:05 02/08/16
A sala de exposicións do faro Vilán - xestionada pola asociación de empresarios e de Promoción Turística de Camariñas - acolle durante todo o mes de agosto a exposición de esculturas de Javier Lavandeira. A mostra pode visitarse en horario de 11 a 21 horas.
O artista, nado en Suiza no ano 1986, é descendente de galegos e regresou á terra no 2000 con 14 anos. Ao rematar os estudos obligatiorios decantouse por formarse neste ámbito, cursando bacharelato de Artes na Coruña e posteriormente acadou o título de canteiro e Mestre Canteiro na Escola de Canteiros de Pontevedra (2007-2012). Ademais posúe a Carta de Artesán de “ Cantería e talla de pedra e ou mármore” concedida pola Xunta de Galicia no ano 2013. A día de hoxe, traballa no negocio familiar relacionado.
A inagururación da mostra terá lugar este venres, día 5 de agosto, ás 19 horas.
Novas relacionadas
- A pintura e a escultura regresan ao faro Vilán
- 08-01-2016: 120 anos do Faro Vilán
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
- Novembro 2015: O aumento de visitantes refrenda ao Faro Vilán como exemplo de xestión turística.
- Setembro 2015: Coruñeses e madrileños, os que máis visitan o Faro Vilán.
- Outubro 2014: O Faro Vilán representa o aumento de visitantes na Costa da Morte.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Ollando unha Galiza en Branco e Negro dende o Faro Vilán.
- Os empresarios de Camariñas reciben axuda para seguir dinamizando o Faro.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación de Empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas