Venres. 19.04.2024
El tiempo

Localizan as famosas serpes de bronce do Mascarón de proa do Serpent

Localizan as famosas serpes de bronce do Mascarón de proa do Serpent
Serpes de bronce do buque Serpent copia As Serpes de bronce do buque Serpent están nunha casa de Camelle

Impagable o traballo que fai Rafael Lema para o legado do patrimonio dos naufraxios da Costa da Morte. E que auténticas as historias de catalogación que vive o responsable da Real Liga Naval Española polas casas da contorna. Lema vén de localizar as famosas serpes de bronce que adornadaban o barbudo, o mascarón de proa do HMS Serpent un moderno crucero torpedero da Royal Navy naufragou en Punta do Boi, Camariñas, un dez de novembro de 1890, causando 172 vítimas. Un dos naufraxios máis simbólicos da nosa bisbarra, que conta cunha singular homenaxe anual no seu propio Cemiterio dos Ingleses.

Desta volta, Lema chegou ata a peza a través de varios veciños e colaboradores, que recoñeceron que un veciño tiña as serpes na súa casa. Historias verdadeiras as que contan estes veciños de Camelle, algúns participantes en desguaces legais realizados nos anos cincuenta do século pasado polos buzos de Camelle para aproveitar pezas do pecio. Algunhas vendéronse, outras foron quedando nas casas de vellos buzos e chatarreiros.

Así localizou Lema esta peza, 127 anos despois do naufraxio, para continuar co completo inventario de pezas de naufraxios gardados nas casa da contorna. Tamén acharon documentación consular do naufragio que están analizando. A Real Liga Naval fará algunha exposición efímera coas pezas que hai espalladas polas casas.

A peza, asegura Lema, podería custar hoxe en día, ata 30.000 €, se ben debería ser protexida polas autoridades..

O Barbudo

O Barbudo do Serpent O Barbudo do Serpent

O barbudo, un capitán de madeira de teca rodeado por unha serpe, é un dos elementos máis coñecidos do HMS Serpent, e de feito figura no mellor catálogo de mascarones históricos da Royal Navy. Actualmente está na Coruña, na casa dos herdeiros de Francisco de Ramón e Ballesteros o pionero comarcal no inventario de naufragios.

Na súa obra “Sinfonía en mar maior: Finisterre” o autor de Corcubión, sobrino neto do cura de Xaviña que enterrou aos náufragos do buque, comenta como se fixo co barbudo “nunha aldea dá Camariñas” tras estar cravado na porta dun muíño durante trinta anos, sendo respectado polos lugareños “como unha especie de santo sen nome”. Segundo a súa versión, un día foi desclavado da porta do molino e gardado nun faiado seis lustros máis, ata que foi visto polo autor que se fixo con el.

A historia non é do todo exacta. O muíño en cuestión era de Lelo de Cunchas e a aldea sen nome Santa Mariña; na súa porta e no desván da casa estivo o barbudo, pero quen o adquiriu foi un comerciante de Ponche do Porto, tamén dunha vella saga de molineros, Tino de Noia, co obxectivo de “venderllo a algún inglés”, e para iso púxose en contacto cun famoso desguazador de barcos que traballaba en Camelle, José Luís Santa Cruz, asiduo compañeiro de faladoiros no casino local e nas tabernas porteñas. Como pasaba o tempo e non lle atopaba comprador, intentándoo ata co cónsul británico, un día que veu de visita a Ponte do Porto o médico Francisco de Ramón a casa dun maderista amigo da familia, Ramón Freire, aproveitou o escritor para saudar ao seu tamén camarada Tino de Noia, e na súa casa da rúa Curros foi o encontro verdadeiro co barbudo. Vendo o interese do médico polo mesmo, Tino regaloullo. A única foto do barbudo que se fixo pública sacouna o retratista de Ponte do Porto Manuel González, antes do seu traslado a Corcubión, sendo a súa vez o fotógrafo testemuña dos feitos.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios