Localizan o pecio dun galeón do século XVI nas augas de Camariñas

Un tesouro sen fondo son as nosas rías. Seguimos descubrindo marabillas e abraiando a investigadores europeos que recoñecen a riqueza dos pecios da Costa da Morte. Desta volta, un grupo da Real Liga Naval Española localizou o pecio dun galeón do século XVI a 4 millas ao suroeste do porto de Santa Mariña, no municipio de Camariñas.

O achádego produciuse tralo descubrimento entre as súas redes por parte dunha embarcación da zona dedicada á arte do miño dun anaco de ánfora e unha peza metálica, que podería ser unha espada moi deteriorada, polo que un membro da tripulación deu parte a membros da citada entidade. A delegación da Real Liga Naval Española na Costa da Morte, formada polo divulgador da Ponte do Porto Rafael Lema e o buzo Angel Samuel Herrera, comprobou que un dos restos tratábase dunha ánfora ou tinaja das usadas e os galeones españois dos séculos XVI e XVII, moitas delas elaboradas en Buño.

O anaco inferior da tinaja de barro conserva esmalte no seu interior ao estar enterrada en area. É un fragmento de ánfora de pé plano cunha base de 13 centímetros e un diámetro no seu parte central de 28 centímetros, e un grosor da súa parede de 9 milímetros. A olla podería ter máis de 40 centímetros de altura en perfecto estado. ”Podería pertencer á urca Ángel Gabriel de 350 toneladas”, asegura Lema.

Ademais no punto dos feitos localizouse un pecio antigo con depósito de pezas de cerámica e indicios de canóns, nunha zona onde algunhas embarcacións adoitan pescar rape, raia e juliana, coñecida como O Limpo, xa que se trata dun área de areas, nas que estaría enterrado o galeón.

Un “galeón español de guerra” da Armada Padilla

Conta Lema que “polas particularidades da zona e os indicios dos restos é posible que se trate dun galeón español de guerra polo que en principio desde a entidade atribúen o pecio a un dos 25 galeones, urcas e pataches perdidos o 28 de outubro de 1596 polo almirante Martín Padilla ao seu paso por Fisterra, cando se dirixía á Coruña para formar parte dunha armada de apoio á cusa irlandesa contra Inglaterra reinando Felipe II. Nesa desgraza perdéronse 1723 homes. Crese que os barcos franceses O Francés e O Delfín de Olona perdéronse nas costas de Camariñas, o que podería ser unha referencia para o pecio achado”.

Outros barcos perdidos con toda a súa xente no área de cabo Vilán son o Jonás, A Vaca e o Ángel Gabriel. Este último o maior do grupo, unha urca de 350 toneladas, con 174 mortos entre soldados e mariños. Desde da RLNE apuntan a este barco como o que ten mais posibilidades de adscribirse ao pecio achado.


A Armada de Padilla finada nas augas da Costa da Morte

A Armada de Padilla conformábana máis de 60 barcos, e deles perdéronse na Costa da Morte: galeón Santiago, La Esperanza, galeón San Pedro y Santiago (Portugal), Galizabra (Portugal), nao Anunciada (Portugal), galeón Capitana de Ivella, galizabra Santa Cruz, Ángel de Zacumbelum, Morion, Jonás el Grande, David de Pedro Frías, Charrúa de Ocar, Saetía Marsellesa, Ángel de Henrique Fenis, Sansón el Pequeño, Santiago de Pedro Lines, San Pedro de Sevilla, Santiago da Terceira (Portugal), Mezmán, El Domingo (irlandés), Ángel Gabriel de Paulo Viera, La Vaca de Pedro Juan, Jonás el Pequeño, El Francés de Olona (francés), El Delfín de Olona (francés).

O 28 de outubro de 1596. sucedeu o maior desastre mariño da nosa costa, coa perda de parte desta armada formada por galeón, urcas, naves, pataches e galizabras españolas, portuguesa, francesas, e irlandesas. 1.723 mortos de 3.425 marineros embarcados foron as vítimas, moitas enterrados nos dous grandes arenales de Fisterra. Sobre algúns dos pecios do seo de Corcubión estanse levando a cabo traballos de investigación e catalogación. O galeón San Jerónimo en cabo Cee foi obxecto dunha intervención arqueológica e parte dos seus efectos e poden ver no museo coruñés do castelo de San Antón.

Novas relacionadas

Máis novas de naufraxios

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información e fotos achegadas polo divulgador Rafael Lema.