Localizan a campá do carboeiro italiano naufragado no Vilán en 1893


Non para a Real Liga Naval Española de recuperar grandes achádegos. Tralo descubrimento do pecio do Dúas Catalinhas, e mais do Cemiterio do vapor Vity of Agra nos montes de Camelle, un grupo da Liga, comandando por Rafael Lema, localizou a campá de bronce do carboeiro italiano Brigneti afundido en 1893 na cala da Arnela, na proximidades do cabo Vilán de Camariñas.
Foi un submarinista de Brañas Verdes-Camariñas, José Antonio Estévez Mouzo, quen, mentres pescaba viu un obxecto brillante entre algas. Comunicoullo ao delegado da Real Liga Naval Española na Costa dá Morte, Rafael Lema, quen o acompañou este fin de semana a unha inspección da contorna e á filmación do achado. Tras procesar as imaxes e contrastar os datos coñecidos de naufragios neste punto, desde a RLNE comprobaron que se trataba da campá do Brigneti, dunhas 20 pulgadas e fuertemente incrustada na roca, a tan só tres metros de profundidade en marea baixa.
O nome do barco está claramente inscrito na superficie metálica do obxecto. A uns 20 metros, voluntarios da RLNE e José Antonio Estévez localizaron un mástil deste barco que levaba tres paus de arboladura. A entidade ten igualmente situado o pecio baixo a gran capa de fondo arenoso que existe nesta cala, cunha praia que descobre coa marea. Tamén informan que fai unha década podíase ver no lugar un ancora que agora xa non é visible, ben por un corrimiento de area que a sepultou ou por algún expolio recente.
Novo achádego
Trátase do segundo achado dun pecio no mes de maio da RLNE trala localización de dous depósitos de canóns de ferro do século XVIII na zona da Virxe do Monte fai unha semana. O delegado da RLNE en Galicia, José Manuel Pato, comunicou o achado nuevamente á Dirección Xeral de Patrimonio. A entidade cre que neste caso sería recomendable involucrar á Armada na retirada da campá para a súa exposición nunha sala do faro de cabo Vilán.
O naufraxio do Brigneti
A Lloyd´s Register of Shipping de Londres aporta datos do barco, que é xa unha referencia nos inventarios publicados desde o de Baña Heim de 1980. A densa néboa e o forte mar causaron o naufragio. O barco afundiuse rápidamente ás nove da mañá do 17 de febreiro de1893 na praia Arnela, moi preto do cabo Vilán. Era unha bricbarca, a vela, cunha tripulación de dez acodes que chegaron a terra nun bote de salvamento. A súa nacionalidade, italiana, matrícula de Génova. O seu capitán era B. Marini e a súa carga, carbón. Procedía de Cardiff con destino a Sierra Leoa. O naufragio causou un gran derrame de carbón na cala, que a area foi cubrindo cos anos. Os fareros de cabo Vilán socorreron aos náufragos e enviaron aviso a Camariñas desde onde chegou ás dúas horas o alcalde, Vicente Pérez, quen se afanou para o aloxamento dos marineros e o seu traslado á Coruña.
Novas relacionadas
- Localizan o pecio das Dúas Catalinhas nas rochas de Camariñas.
- Localizan o outro Cemiterio dos Ingleses nos montes de Camelle.
- Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte con Rafael Lema.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
- O Catálogo de Naufraxios de Rafael Lema será publicado pola Deputación.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio reciben a Medalla ao Mérito Cultural.
- Rafael Lema presentou os seus soños e naufraxios en Carballo.
Novas sobre naufraxios
- Un completo catálogo de naufraxios para a rexión costeira máis perigosa do mundo.
- Rafael Lema presenta o seu novo poemario sobre o Monte Pindo.
- Os naufraxios da Costa da Morte invaden o náutico coruñés e a rede da man de Rafael Lema.
- Muxía salvou dun novo naufraxio coas anécdotas de Rafael Lema.
- As anécdotas de 454 naufraxios na Costa da Morte nun libro.
- O tesouro do Corsario Rafael Lema, finalista de novo do premio Martín Sarmiento.
- Atravesando o Atlántico en verso cos poetas da Costa da Morte.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”? Un estudio de Rafael Lema.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Rafael Lema presenta o seu novo libro, ‘U-49’ .
- Pemon Bouzas e Rafael Lema presentaron os seus libros na Feira do Libro de Cee .
- Presentación de gala para a novela corsaria de Rafael Lema .
- Rafael Lema, o último corsario da Costa da .
- Ambrosio, o pirata de Camariñas .
- Rafael Lema, finalista do Premio Martín Sarmiento 2009.
Outras novas
- Os mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario. Uns verdadeiros tesouros.
- A Gabarra Prima espera auxilio.
- Malpica lembrou cun libro o 125 cabodano do naufraxio do Priam.
- Un pesqueiro de Fisterra encallou nas rochas do Ézaro.
- De pecios ou tesouros submariños.
- Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”? Un estudio de Rafael Lema.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo.
- As anécdotas de 454 naufraxios na Costa da Morte nun libro.
- O Naufraxio de Laxe celebrou a súa declaración como Festa de Interese Turístico con máis emoción que nunca.
- Lema Suárez estréase coa súa primeira novela de piratas “Costa do Solpor”.
- 4 novos tesouros en forma de pecios na augas da ría de Corcubión.
Fonte
- Información e Fotos de Rafael Lema, Delegado da Real Liga Naval Española.