Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Lois Patiño volve á Costa da Morte coa estrea de Lúa Vermella, unha historia co Rubio de Camelle como protagonista

LUA-VERMELLA_RED-MOON-TIDE_Rubio de Camelle
O Rubio de Camelle protagoniza Lúa Vermella
Lois Patiño volve á Costa da Morte coa estrea de Lúa Vermella, unha historia co Rubio de Camelle como protagonista

Na mesma Berlinale, o Festival de Berlín, na sección “Fórum” (a das propostas máis arriscadas) presentarase Lúa Vermella, o segundo filme de Lois Patiño. O director vigués, despois da súa estrea con “Costa da Morte, volve á nosa terra para protagonizar unha fábula “entre a vida e a morte, o imaxinario e o real”, recuperando mitos e lendas como a Santa Comba.

O Rubio de Camelle é o gran protagonista do filme, facendo practicamente de si mesmo, un buzo que rescatou máis de 40 cadáveres de náufragos. Nunha vila onde os habitantes están paralizados (ao estilo da pintura “El Angelus” de Millet), el asegura que ten que saír a cazar un mosnstro que vive no mar.

A paisaxe segue sendo protagonista deste novo filme experimental de Patiño, que pretende afondar nese sentimento de incertidume dos que non puideron ver os cadáveres dos seus mortos no mar. Ese “duelo” por un dos que marcharon, é o fío condutor dun filme onde o tempo, a quietud, é a outra protagonista, convertindo esa convivencia antropolóxica entre a vida da morte na sociedade galega no centro da reflexión.

Asegunda longametraxe do director estrearse nos cines o vindeiro 30 de abril.

RED MOON TIDE - trailer - LÚA VERMELLA from lois patiño on Vimeo.

Sinopse

Nun pobo da costa galega o tempo parece haberse detido. Todas as persoas están paralizadas aínda que as súas voces pódense oír: falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Louro, un marinero do pobo que desapareceu no mar.

Lua Vermella Cartel filme Lois Patino

Novas relacionadas

Comentarios