Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 61.600 persoas visitan o faro Vilán durante o 2016

Máis de 61.600 persoas visitan o faro Vilán durante o 2016
faro vilan camarinas Durante o mes de decembro un total de 1788 persoas visitaron o faro Vilán Un total de 61.667 persoas visitaron ao longo do 2016 o faro Vilán de Camariñas o que supón un 11% máis ca o ano pasado. A asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas vén de facer o balance anual de visitas xa que é a encargada de xestionar este espazo que prechará as súa oficina de turismo, a sala de exposicións e a cafetería dende mañá mércores ata o 5 de xaneiro. No que vai deste mes de decembro, visitaron o faro Vilán un total de 1.788 persoas (1.763 persoas o mesmo mes do ano pasado). O 62% dos visitantes pasaron polo faro Vilán durante a pasada ponte da Constitución. Máis da metade do total dos visitantes, concretamente un 63% procede da propia comunidade, seguidos dun 34% que proceden do resto do territorio nacional. Entre os turistas nacionais, destacan os procedentes de Madrid, cun 35%, seguido de Cataluña cun 15%. O 12% dos procedentes do resto de España débese a que veñen en grupo desde distintos puntos do país. O 71% dos visitantes da mesma comunidade son os procedentes da provincia de A Coruña, seguidos de lonxe polos da provincia de Pontevedra cun 18%. En canto aos visitantes estranxeiros, destacan os procedentes de Portugal (27%) seguidos dun 22% procedentes de América e un 15% de Italia.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación Empresarios e Promoción Turística de Camariñas

Comentarios