Máis de 9000 persoas visitaron o faro Vilán durante o mes de xullo
08:10 10/08/16
A sala de exposicions do faro Vilan acolle durante o mes de agosto a mostra de esculturas de Javier Lavandeira
Un total de 9050 persoas visitaron durante o pasado mes de xullo do faro Vilán o que supón un 11% máis que no mesmo mes do ano pasado. Segundo o balance feito pola asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, case a metade dos visitantes - un 46% - prodecen de distintos puntos da xeografía nacional mentras que o 40% chegan dende a propia comunidade galega.
Entre os turistas nacionais destacan os de Madrid, cun 30%, seguidos dos de Andalucía (14%) e Cataluña (12%). A provincia de A Coruña é o principal destino dos visitantes galegos que chegan ao faro vilán, cun 61%. Síguenlle cun 22% os procedentes de Pontevedra. En canto aos visitantes estranxeiros destacan os procedentes dende Francia, que supoñen un 30% do total dos visitantes de fóra do territorio nacional, seguidos dos de Italia (14%) e Suiza (12%).
Un dos reclamos do faro Vilán é a súa sala de exposicións que durante este mes de agosto acolle unha mostra de esculturas de Javier Lavandeira. O horario de visita é de 11 a 21 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación Empresarios e Promoción Turística de Camariñas