Mar de Fábula e os mariñeiros únense para limpar un coído en Camariñas
07:12 11/01/17
- Última hora: Unha vez que os pronósticos coinciden en anunciar risco de chuvias para o sábado día 14 e unha situación de inestabilidade en todo o fin de semana, Mar de Fábula vese obrigado a retrasar este traballo de limpeza, fixando en principio, novo día de convocatoria, sábado 21 de xaneiro.
A limpeza levarase a cabo no coído de punta Caghada, de Camariñas
Este sábado, 14 de xaneiro, ás 11 horas xuntaranse no porto de Santa Mariña - en Camariñas - membros da asociación Mar de Fábula, mariñeiros e todos os voluntarios que o desexen co fin de limpar o lixo plástico que invade o coído de punta Caghada. Para os traballos de limpeza, que terán unha duración de aproximada de dúas horas, contarán co soporte loxístico do concello de Camariñas.
"O 90% do lixo que aniña na zona son botellas de plástico que durarán alí centos de anos se nós non o remediamos", indican dende a entidade ecoloxista. Outro dos empeños de Mar de Fábula é a retirada dos micro plásticos, como os bastonciños, que supoñen un dos maiores riscos para o ecosistema mariño.
A maior parte do lixo do coído de punta Caghada son botellas de plástico
Acceso
Para acceder a esta zona, camiñarase dunrante media hora dende o porto de Santa Mariña por unha zona difícil polo que este traballo de limpeza só está recomendado para adultos que precisan dun calzado axeitado. Unha gamela achegarase ao coído co fin de cargar os sacos de lixo, sempre e cando as condicións marítimas o permitan.
Mar de Fábula fai un chamamento á toda a cidadanía para que se sume a estes traballos de limpeza dun lugar emblemático da Costa da Morte. Os voluntarios que desexen participar deberán contactar previamente coa asociación a través do número de teléfono 608 609 042.
Novas relacionadas
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula