O Mar na Escola celebra o seu 18 aniversario nos centros de ensino de Camariñas

Nacía hai 18 anos polas inquedanzas dos mestres Santiago García e Ricardo Pereira da man do Concello de Camariñas, coa complicidade do Club Náutico, e con Cataventos Escola de Vela como principal activo. A empresa corcubionesa mantivo máis que viva esta iniciativa que fai que a realidade da contorna entre nos plans de estudo, facendo que centos de rapaces da bisbarra aprendan tamén como se vive o mar dende os seus centros de ensino.
Pasiño a paso, a iniciativa foise asentando, chegando a máis de 600 alumn@s de toda a Costa, (Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas) e convertíndose ademais nun proxecto educativo autonómico que tamén se desenvolve en Coruña Portosín, Ribeira, Outes… Un proxecto que demostra a importancia de que o currículo educativo ten que adaptarse a cada realidade.
Este ano ademais cóntase de novo co apoio do programa ‘Xogade’ da Xunta de Galicia e Industrias Cerdeimar.
Hoxe venres comezan as primeiras clases prácticas de vela lixeira para 54 alumnos e alumnas do CEIP O Areal e do CEIP Ponte do Porto. Fano da man da empresa de turismo deportivo ‘Explora 10’ que vai levar a cativada de saída pola ría.
Novas relacionadas
- O Mar na Escola 2021: A escola de Cee voltou ao Mar.
- O Mar na Escola 2021: O CM Carrumeiro retomou a temporada náutica e hostaleira.
- O Mar na Escola 2021: Os centros de ensino de Camariñas volven navegar .
- O Mar na Escola 2019: O pioneiro Mar na Escola 18/19 botou o peche despois de achegar a vela a case 500 alumn@s da Costa da Morte.
- O Mar na Escola 2018: Fin de curso para as aulas de vela do pioneiro programa O Mar na Escola.
- O Mar na Escola 2017: 400 nenos xogaron co vento co programa O Mar na Escola.
- O Mar na Escola 2016: O Mar xa está na escola.
- O Mar na Escola 2016: 400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe.
- O Mar na Escola 2015: 300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola.