Martes. 11.05.2021
El tiempo

O CM Carrumeiro retomou a temporada náutica e hostaleira

Presentacion da temporada nautica no Club Maritimo Carrumeiro de Corcubion
Presentacion da temporada náutica no Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión
O CM Carrumeiro retomou a temporada náutica e hostaleira

Este luns celebrábase a inauguración da temporada náutica 2021-2022 no Club Carrumeiro de Corcubión. Unha cita moi importante que serviu para dar conta da apertura das portas dun dos clubs senlleiros da Costa da Morte, que levaba máis de ano e medio cas portas pechadas.

Ao acto asistiron varios fundadores do club, o Alcalde de Corcubión e alcaldesa de Cee, e o equipo directivo do club, e o ex patrón da Confraría de Corcubión, Pepe Buitirón; a xerente do GALP Costa Sostible, Manuela Oviedo, e a xerente da Escola de Vela Cataventos, Noemí Bermúdez, a “comodoro” do club como responsable da área deportiva.

Hostalería

Unha das partes importantes da inauguración foi a posta en marcha da nova xerencia do Restaurante Carrumeiro, que precisamente hoxe abre ao público. O presidente do Club, Félix Quinteiro, fixo un relato sobre tempo que estivo pechado provocados polo cambio que houbo que facer pola marcha en setembro do 2019 dos que levaban o restaurante durante os últimos 10 anos. Xusto chegou a pandemia, e agora ao remate do confinamento o Club abriu a concesión do restaurante. Finalmente foi aprobada a concesión ao empresario local Rafa Fuentes, responsable da Taberna O Ribeiro, e que deixara As Hortensias hai un tempo.
De feito, os asistentes ao acto xa puideron disfrutar da nova terraza cuberta, esperando que Portos acepte a petición de ampliar 100 metros de terraza descuberta.

Así mesmo, a sala da esquerda do edificio queda aberta xa para os socios do club.

Comezan os cursos

Quinteiro lembrou a gran nova da volta, por parte da Federación Galega de Vela á realización de cursos, para tratar de recuperar a actividade ao completo de cara a este verán.

Porto Deportivo

Tamén trataron o asunto do porto deportivo ou porto mixto, unha petición que levan facendo durante anos os membros do Club e da Confraría. O presidente asegurou que Portos segue estudando o proxecto.

Novas relacionadas

comentarios