Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula remata agosto co peche dos Obradoiros artísticos-ambientais e con outra limpeza do Xardín de Man

Exif_JPEG_420
Así son os obradoiros creativos coas crebas de plásticos das praias costeiras
Mar de Fábula remata agosto co peche dos Obradoiros artísticos-ambientais e con outra limpeza do Xardín de Man

Menudo verán que está tendo a xente de Mar de Fábula, que precisa unha nova fin de semana facendo, unha vez máis, unha doble sesión artístico-ambliental, que trata de “sementar información e sensibilidade”.

Primeiro, o sábado 28 de agosto será o último dos obradoiros de verán que Mar de Fábula ten organizado os sábados para os nen@s de Camelle e visitantes, nun acto de clausura no que poderán estar os familiares dos cativiños, e para o que foron invitados os representantes de Medio Ambiente da Deputación, entidade que facilicitou estes talleres gracias a unha subvención.

Xa teñen no espazo educativo de Camelle, os anacos de lixo plástico ríxido, limpiños e preparados pasra convertirse en instrumentos de creatividade e fantasía nas mans desta xente noviña. “Esa é sempre a cara positiva do lixo plástico coas súas rechamantes cores pero quixemos explicarlles tamén a súa cara negativa, como detritos contaminantes do mar e grave ameaza para a flora e fauna mariña”, explica Xosé Manuel Barros.

Nova limpeza

O día seguinte, domingo 29 ás 1200 horas, a Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula temos previsto organizar unha nova recollida de refugallos plásticos no Museo Xardín de Man e na súa contorna. O obxectivo, sempre, con estas accións, é manter a dignidade da memoria de Man.

Novas relacionadas

Comentarios