Martes. 11.05.2021
El tiempo

A cativada de Camelle aprende a valorar a súa contorna [email protected] [email protected] de Mar de Fábula

Exif_JPEG_420
A cativada de Camelle aprende a valorar a súa contorna [email protected] [email protected] de Mar de Fábula

Moi especial foi a actividade que celebraron os [email protected] da Escola de Infantil e Primaria de Camelle. E moi especial tamén para a xente de Mar de Fábula, que por fin ve como o alivio da pandemia lles permite ir espallando a súa mensaxe ambiental. [email protected] protagonizaron un acto simbólico carregado de futuro.

A sesión comezou na praia da vila, ampla, aberta coa súa mar sempre en calma. Durante unha hora, os cativiños, correndo dunha parte a outra, activos, curiosos, sempre querendo saber, apañaron o lixo plástico espallado ao longo das liñas de marea, mesturado cos argazos.

Exif_JPEG_420

Á saída da praia, no paseo marítimo, as grandes máscaras de Mar de Fábula penduradas na rexa branca, dábanlles a benvida. Alí, na terraza de entrada, ao abrigo do vento, baleiráronse as bolsas e axudouse aos nenos na identificación das principais fraccións do lixo apañado.

Logo, dentro do local, despois dunha pequena charla adaptada á súa idade sobre os perigos dos plásticos para o mar e as súas criaturas, os cativiños xa libres de ataduras, colleron os anacos de plásticos que quixeron, limpos e praparados e con eles, construíndo cousas, a súa imaxinación xa non tivo límites.

Case dúas horas de acción de reflexión e creatividade creando ademais vasos comunicantes entre o centro e @s [email protected] da entidade (Alejandra, a directora da escola, Camino Vilanova de Camariñas, e Vrxinia Barros de Camelle), que ten a porta aberta a todas as escolas que queiran distrutala.

Exif_JPEG_420Exif_JPEG_420Exif_JPEG_420

Novas relacionadas

comentarios