Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As melloras da estrada de Camelle estará lista en 5 meses

estrada DP 1601
As melloras da estrada de Camelle estará lista en 5 meses

Adxudicada xa está a obra de renovación da estrada DP-1601, entre a Ponte do Porto e Camelle, no Concello de Camariñas. A Deputación inviste 169.343 euros para estas obras de mellora da seguridade viaria entre os puntos quilométricos 4+200 e 4+425.

As obras, que comezarán este outubro e teñen un prazo de 5 meses de execución, contemplan a construción de beirarrúas en ambas marxes da vía e a renovación do firme e a iluminación do vialAs obras.

Debido á diferencia de cota existente na marxe dereita do tramo de actuación, entre a beirarrúa e o terreo, contémplase a execución de pequenos tramos mediante bloques de formigón e a instalación dunha baranda peonil. Contémplase tamén a renovación da iluminación existente e a reposición dun tramo da rede de saneamento na marxe esquerda.
Tamén terá rede de pluviais.

Comentarios