Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A xuventude de Camariñas, Muxía e Vimianzo saca o seu talento para atopar traballo

Xuventude con Talento de Camarinas
A xuventude de Camariñas, Muxía e Vimianzo saca o seu talento para atopar traballo

O pasado venres arrincaba o programa Xuventude con Talento, que levan a cabo os Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo e está subvencionado pola
Consellería de Política Social e Xuventude e polo Fondo Social Europeo.

15 mozos e mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, participan neste proxecto que pretende reforzar a empregabilidade, as habilidades e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Así, realizan estadías (prácticas non laborais) nas administracións locais de Camariñas, Muxía e Vimianzo, en tres sectores estratéxicos: Tecnoloxías da información e comunicación, Calidade de vida e benestar e Téxtil/moda-artesanía.
Ademais o programa conta con actividades complementarias como un programa formativo enfocado na mellora da empregabilidade e a identificación de ideas
emprendedoras, Mentoring, visitas a empresas, orientación personalizada e accións de networking.
A primeira accións formativa serviu como carta de presentación para o alumnado así como para o fomento da creación de grupo, fundamental para o bo desenvolvemento do programa.

Comentarios