Mércores. 27.01.2021
El tiempo

Naufraxios Galegos convoca o novo Concurso de Escafandros a través da rede

Exposición do Concurso do ano pasado
Exposición do Concurso do ano pasado
Naufraxios Galegos convoca o novo Concurso de Escafandros a través da rede

Despois dos fermosos escafrandos que realizaron os pequenos de Camelle o ano pasado, a A.C. Naufraxios Galegos, co gallo de manter viva a gran historia marítima da zona, convoca o II Concurso de Escafandros, desta volta, virtual. O buzo de escafandro serve de homenaxe ao noso patrimonio marítimo.

A entidade aproveita para lembrar que no mesmo solar onde na actualidade se ergue o Museo de Man, existiu dende 1898 ao 1965 unha estación e almacén de salvamento pioneiro en Europa que deu acubillo a numerosas tripulacións náufragas, onde aparte de atenderse as súas necesidades perentorias, albergaría tamén numerosos cargamentos das ducias de barcos afundidos nestas costas, rescatado ao longo destos setenta anos pola participación de ata 14 empresas adicadas ao salvamento e despece de buques que tiveron en Camelle e seu porto, a súa base de operacións.

Como participar

Haberá tres categorías: de 3 a 6 anos; de 7 a 9 anos e de 10 a 12 anos. A peza non poderá exceder dos 50 cm de alto, nin dos 45 cm de ancho. Para presentala cómpre gravar un vídeo, e subilo á páxina de Facebook do concurso de menos de 30 segundos, acompañado da voz do artista describindo brevemente os materiais cos que foi feita a peza e o xurado seleccionará os 3 gañadores o 4 de xaneiro de 2021.

II Concurso de escafrandros de Camelle

comentarios