Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Non falta ninguén á procesión marítima do Carme

Non falta ninguén á procesión marítima do Carme
Procesion maritima na Virxe do Carme de Corcubion--Foto-Rafa Quintans 2 Procesion maritima na Virxe do Carme de Corcubión--Foto-Rafa Quintans

É, sen dúbida, unha das festas máis auténticas da Galicia costeira, un dos nosos grandes tesouros etnográficos. Pero ademais de ser un espectáculo verdadeiro para o visitante, é unha cita ineludible para cada veciño, teña ou non familiares relacionados co mar.

A patroa dos mariñeiros vístese de flores para recibir a todo o pobo. Non falta ninguén. Todo o mundo pon as mellores galas e quen non sube ao barco, ben porque se marea ou porque xa foi o ano pasado, achégase ao porto a ver montar á Virxe e a todos os seus amigos e familiares. Eles non a perden.

Aló van os barcos. Coa Virxe do Carme que fai de patroa dirixindo a expedición. Tortillas, empanadas e viño fan máis lixeira a viaxe ata o medio da ría. Se vai bo tempo, como neste ano no que ademais coincidiu en sábado, toca paseo longo. Por Corcubión toca dar a volta despois do Carrumeiro, onde se fai entrega dese ramo de flores, en memoria de todos os desaparecidos do mar. O momento emotivo que non pode faltar pero que non fai esquecer que estamos nunha celebración festiva. De volta a porto, e a bailar ca sesión vermú.

Non falta ninguen ao Carme de Corcubion-Foto-Rafa Quintans Non falta ninguen ao Carme de Corcubión-Foto-Rafa Quintáns Procesion maritima na Virxe do Carme de Corcubion--Foto-Rafa Quintans Procesion maritima na Virxe do Carme de Corcubión--Foto-Rafa Quintáns

O único punto mellorable é evitar eses platos e vasos de plásticos que rematan moitas veces no mar, emais que ese fermoso ramo non leve tanto envoltorio… Polo resto, unha celebración centenaria que dure mil veces máis en vilas como Corcubión, Camariñas, Muros, Corme… ou Fisterra, que sempre prefire deixalo Carme para setembro.

Procesion maritima do Carme de Muros-Foto-Maria Alfonso Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Maria Alfonso Banda de Musica para a procesion maritima do Carme-Foto-Rafa Quintans Banda de Musica para a procesion maritima do Carme-Foto-Rafa Quintans Cofradia da Virxe do Carme de Corcubion--Foto-Rafa Quintans Cofradia da Virxe do Carme de Corcubion--Foto-Rafa Quintans De volta á igrexa-Foto_Rafa Quintáns De volta á igrexa-Foto_Rafa Quintáns  

Homenaxe aos Vellos/as mariñeiros/as en Muros

Marineiros homenaxeados en Muros

Todos os anos as festas do Carmen teñen dous días moi sinalados na vila muradá. O propio día 16 toca misa, c cunha ofrenda que unha persoa que ten relación co mar fai en nome de todos: este ano fíxoa Lino Sexto, Subdirector de Gardacostas de Galicia. Pola tarde a tradicional procesión por terra e mar, cunha ofrenda floral no mar e tamén diante da "Vella" que representa ás persoas que quedan en terra esperando a volta dos mariñeiros.

O domingo 17 este ano celebrou un acto de Náufragos e como remate unha sentida Homenaxe aos Vellos Mariñeiros nados, neste caso, no ano 1938, e que este ano tivo de especial que por primeira vez tamén se homenaxeou ás mariñeiras, recoñecendo o seu traballo e o duro percorrido que fixeron ata a actualidade. Estiveron na Homenaxe a Conselleira do Mar, Rosa Quintana; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Muros (organizadores), Daniel Formoso; a Alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso; a Presidenta das Mariscadoras, Juana Martínez; Lijó de Almacenes Castillo, quen promociona esta homenaxe; familia dos homenaxeados…

Marineiros homenaxeados en Muros polo Carme Raquel Romero unha das marineiras homenaxeadas en Muros Raquel Romero unha das marineiras homenaxeadas en Muros

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios