Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novas exposicións no Faro Vilán e no Museo de Man

 

Lucia Moreno expo no Faro Vilan
Novas exposicións no Faro Vilán e no Museo de Man

Do 2 ao 30 de setembro a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán, acolle a exposición de pintura de Lucía Moreno Spiegelberg.
Lucía Moreno Spiegelberg é unha nova artista e bióloga madrileña. Os veráns da súa infancia en Sardiñeiro, onde estaba de visita á súa familia, foron a fonte de inspiración desta exposición. Inclúe varias coleccións que engloban diferentes etapas do artista. A colección principal representa a fauna acuática e o folclore da Costa da Morte e foi maioritariamente pintado en Galicia. Tamén inclúe a colección creada durante o confinamento de 2020, unha obra que reflicte as súas luces e sombras, e que ten un traballo colaborativo coa súa curmá, Antía García Sendón, fotógrafa afincada na Coruña.

O Museo Man acollerá varias exposicións

ExpoCamelle

O Museo Man de Camelle albergará, do 2 ao 25 de setembro, dúas exposicións que a asociación ‘Art amb B’ trae a Camariñas a través do Instituto de Estudios Baleares: ‘Surf’, do reputado artista Pep Guerrero, e ‘Canyissos’, unha mostra colectiva de 16 autores.
A inauguración destas dúas exposicións, comisariadas por Toni Torres, tivo lugar onte venres 2 de setembro, pero as
pezas de ‘Canyissos’, que chegarán a semana que vén.
En ‘Surf’ as persoas que se acheguen poderán ver un total de 14 pezas, creadas a través de partes de táboas de surf, cortadas, que saen da parede ou do chan e nas que o artista multidisciplinar mallorquino Pep Guerrero incorporou as súa pinturas. “Paisajes, estampados de papel pintado, todo lo que me gusta lo incluyo en una pieza”, explica el artista.
No caso de ‘Canyissos’, exporanse 16 pezas formadas polas táboas que antigamente se usaban nun pobo de Mallorca chamado Porreres para secar albaricoques. Sobre elas traballaron 16 artistas diferentes, incluídos dous galegos: a camariñana Puri Lema del Río e o vimiancés Xurxo Martiño.

Exposicon Surf

Comentarios