Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novas melloras para a ETAP da Ponte do Porto

ETAP Camariñas
Novas melloras para a ETAP da Ponte do Porto
O Concello de Camariñas elaborou un proxecto para levar a cabo unha serie de melloras  necesarias na Estación de Tratamento de Auga Potable situada en Ponte do Porto. Un proxecto que conta cun orzamento total de 25.607,64 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, e ten un prazo estimado de duración das obras desde o seu inicio é de 12 semanas.

A ETAP é moi antiga e presenta unha serie de deficiencias que o goberno local quere solucionar canto antes xa que desde esta estación sérvese auga a todo o municipio.
Así, os traballos que se levarán a cabo inclúe a reparación das fugas no circuíto de aire, do decantador e das válculas automáticas, o pintado das paredes e a impermeabilización do solo da sala de reactivos, a instalación dun novo sistema de dosificación de reactivos e a reposición dos depósitos en mal estado por outros novos.
 

Comentarios