Venres. 29.03.2024
El tiempo

O cartel da XXVII Mostra do Encaixe devólvenos á Camariñas de 1912

O cartel da XXVII Mostra do Encaixe devólvenos á Camariñas de 1912
Cartel Mostra do Encaixe de Camarinas 2017

Tradición e modernidade mestúranse no novo cartel da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas 2017. Un cartel que nos leva ata a Camariñas de 1912, pois se basea nunha fotografía dese ano da Escola de Palillo, donada por Mariluz González Soto que se conserva no Museo do Encaixe.

A idea de viaxar no tempo foi do fotógrafo camariñán Diego Alonso, quen xunto a María José Carril, traballou neste proxecto. Así, houbo que escoller ás 9 protagonistas entre ás máis de 40 nenas nas escolas, houbo que implicar ás familias, preparar as ropaxes… Todo para trasladar ás nosas pequenas encaixeiras, símbolo do futuro desta artesanía centenaria, a comezos do século pasado. “Supón un recoñecemento ao futuro do Encaixe, as 48 nenas e 2 nenos que actualmente participan nas escolas municipais, unha homenaxe ao sacrificio e esforzo cara un futuro, o de Camariñas, que está no Encaixe”, recoñecen o alcalde.

”Esta imaxe auna, como indica a lenda, tradición e futuro”, recoñece a concelleira Sandra Insua. “Artistas con maiúsculas” sinala directora da Mostra, Dolores Lema, en referencia a ese medio centenar de aprendices, salientando a constancia e dedicación ás clases de palillo e destacando a encomiable labor da mestra Beatriz Dios.

Foto da Escola de Palillo de Camarinas 1912 Foto da Escola de Palillo de Camariñas 1912

Pouco a pouco iremos sabendo o programa da Mostra, que se celebrará entre o 12 e o 16 de abril. Haberá novidades no diseño e decoración da pasarela, na montaxe, e no número de coleccións, que será maior. Iso si, sabemos que teremos a presencia por primeira vez dunha delegación procedente de Xapón e o regreso da India que repite despois de anos de ausencia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios